CALVO XIRIA 29 – TRASACAR BASE OVIEDO 22

1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 23

19/03/2011 CALVO XIRIA 29 – TRASACAR BASE OVIEDO 22
Calvo Xiria 29 (15+14): Kike [p], Álex García (3), Dubra (4), Jesús (6), Manu (1), Borja (4), Ramón -equipo inicial- Iago [p], Pablo (3, 2 de 7 metros), Christopher, Fernando, Álex Zas (2), Ángel (4), David (2).

Trasacar Base Oviedo 22 (10+12): Emilio [p], Alexis (4), Alex (4), Monjardín (1), Huerta, Chema (4), Carrión – equipo inicial- Nacho [p], Blanco, Omid, Silva (3, 2 de 7 metros), Miguel, Veleda (4), Calvo (2).

Colexiados: Sergio Rodríguez Estévez e Andrés Rosendo López, do colexio galego. Excluíron aos locais Ramón (14), Dubra (37) e Pablo (42), tamén aos xogadores visitantes Alex (13), Alexis (22, e descalificado no 56) e Huerta (44).

Marcador: 4 – 1, 7 – 2, 8 – 3, 11 – 6, 13 – 8, 15 – 10 (descanso); 17 – 12, 19 – 16, 22 – 17, 24 – 20, 26 – 22, 29 – 22 (final).

7 metros: Calvo Xiria: 2 / 2 ### Trasacar Base Oviedo: 2 / 3
Partido no que os obxectivos dos dous equipos eran ben distintos, por unha parte o Base Oviedo xa descendido matemáticamente ao que so lle queda deixar acabar a liga pensando na seguinte tempada, e doutra un Calvo Xiria inmerso na disputa da segunda praza que da acceso á fase de ascenso a División de Honra Prata. Con este guión desenvolvéronse os sesenta minutos.

Non foi un partido brillante de xogo por parte do Calvo agás nos primeiros dez minutos, nos que xa acadou unha vantaxe de cinco goles (7 – 2) coa que xogaría -entre tres e sete goles de diferenza- durantes o resto do encontro. A aportación de cada xogador para o equipo tanto en ataque como en defensa permitiu unha tarde sen sobresaltos e unha semana máis ocupar unha praza codiciada por outros catro equipos e que, polo de agora, soubo defender o equipo carballés, que pouco a pouco vai collendo a experiencia necesaria para disputar partidos como o da pasado xornada.

Mención especial merece unha afección totalmente volcada co seu equipo, ao que lle da folgos durante todo o partido e que é parte fundamental da posición que na táboa clasificatoria ocupa o Calvo Xiria.