Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

SD TEUCRO 22 – VIPECÓN XIRIA 31

SD Teucro: 22 (10+12): Gonzalo, José (5), Miguel (2), David (1), Pombo (5), Jacobo (2), Iván (3) -equipo inicial- Marcos (1), Rodrigo, Tomás, Santi (1), Maquieira (2), Ameijeiras, Rubén Vipecón…

SD Teucro: 22 (10+12): Gonzalo, José (5), Miguel (2), David (1), Pombo (5), Jacobo (2), Iván (3) -equipo inicial- Marcos (1), Rodrigo, Tomás, Santi (1), Maquieira (2), Ameijeiras, Rubén

Vipecón Xiria: 31 (19+12): Zúpez, Javi (5), Martín (5), Edu (4), Rubén Gómez (4), Álex (1), Jorge (9) -equipo inicial- Julián (1), Óscar (1), Calvete (1), Anes, José.

Colexiado: Abel Juncal e Farruco Soliño.

A visita do Vipecón Xiria ao pavillón municipal de Pontevedra era unha cita vital para os dous equipos, xa que a victoria dos de Xiria deixaría fora da loita polo título a un rival directo e permitiría dar un paso de xigante cara o título galego e a clasificación para o Campionato de España. No caso dos de Pontevedra a sua única esperanza de seguir loitando polos dous primeiros postos pasaba por acadar os dous puntos en xogo.

Os do Vipecón sairon como un autentico vendaval á pista e, baseándose nunha defensa que marabillaba, chea de intensidade, de axudas,de solidariedade… poñía terra de por medio dende os primeiros compases, exhibindo un balonmán de alto dinamismo que deixaba coa boca aberta a todos os alí presentes. Conseguían os carballeses que os locais pareceran un equipo menor, xa que non eran quen de achegarse nin tan sequera á liña dos nove metros. A partir dos roubos de balón, dos erros nos lanzamentos ou das paradas do porteiro carballés, o Vipecón Xiria mataba o encontro no contraataque con velocidade e efectividade nas súas accións, para alcanzar unha renda contundente de ata dez goles de diferenza. A primeira metade parecía deixar sentenciado o encontro a prol dos de Carballo, xa que a diferenza na pista e no electrónico era certamente abultada, 10-19.

Con aquel panorama, o equipo visitante sacou oficio e madurez para controlar o tempo de partido na reanudación e manter a diferencia que sinalaba o marcador. Esa defensa da que falabamos seguía a ser o principal escollo para o Teucro, e, cando conseguían superata atopábanse coa figura do meta carballés. Plácida segunda parte para o Vipecón e vitoria que achega un pouco máis ao Xiria ao título ligueiro a falta de tres partidos para rematar a liga. Emotiva a resposta dos moitos afecionados que se desprazaron a terras pontevedresas para disfrutar co excelente xogo dos cadetes de Xiria.

O próximo e dificilísimo escollo para o Vipecón Xiria será xa entre semana, posto que mércores 23 ás 19:00 h no Pavillón Vila de Noia reciben a visita do OAR. Outra final fronte a un rival directo como é o OAR da Coruña, equipo que xa fora capaz de conseguir un empate fronte aos bergantiñáns na primeira volta do campionato. No caso de vitoria local, os de Xiria asegurarían matematicamente o segundo posto e polo tanto a clasificación para o campionato de España, de aí a importancia dos dous puntos. Agardamos que a afección responda como o fixo o día do Teucro e acuda en masa ao pavillón da zona escolar para levar en volandas a un Vipecón que o merece.