PROCASA XIRIA 30 – EM DE CAMARIÑAS FEM 15
Procasa Xiria 30 (15+15): Óscar, Cristian (2), Dani (2), Alberto (5), Alberte (1), Miguel (1), Lolo (9) -equipo inicial– Marco (1), Enrique (2), Iván (2), Gabriel (1), Fran (1), Jorge…
Procasa Xiria 30 (15+15): Óscar, Cristian (2), Dani (2), Alberto (5), Alberte (1), Miguel (1), Lolo (9) -equipo inicial– Marco (1), Enrique (2), Iván (2), Gabriel (1), Fran (1), Jorge (1), Raúl (1), Dani Buño, Diego Gago (1)
EM Camariñas Fem. 15 (8+7): Estela, Yolanda (8), Cris (3), Silvia (3), Ana (1), Tifani, Noelia Pose -equipo inicial- Cris Blanco, Noelia Martínez.
Colexiados: Ignacio Pereira Navaza.Non influiu no resultado final
Visitaba o pavillón carballés do CEIP Fogar o equipo feminino da EM Camariñas na oitava xornada do Campionato territorial Infantil para enfrontarse aos locais do Procasa Xiria que acumulaban unha racha de seis vitorias consecutivas e que lograron aumentar sumando a súa sétima vitoria.
Os rapaces do equipo carballés, formado por alevíns e infantís de primeiro ano, deixaron mostras na pista do Fogar da súa mellora, carácter competitivo e loita, realizando un excelente encontro. O Procasa fíxose dono do xogo dende o inicio e mandou no marcador durante toda a primeira metade con vantaxes moi cómodas de cinco e seis goles de renda. Pola parte visitantes, facía moito dano a súa xogadora Yolanda, quen cunha gran forza, antropometría e calidade impoñíase sempre a defensa do Procasa. Os de Carballo facían unha defensa moi arriba con unha alta intensidade que non deixaba pensar ás visitantes e no ataque posicional mostraban un amplo sentido nos desmarques sen balón. Todo isto propiciaba que o marcador o descanso indicara un claro 15-8 a prol dos locais.
O partido era moi atractivo e as bancadas estaban a vibrar cos nosos noveis xogadores, máis se cabe na segunda metade, onde os de Carballo poñían terra de por medio e conseguían a súa maior vantaxe do encontro e que xa non abandonarían ata o pitido final. Ao remate, un satisfactotio 30-15 e sobre todo salientar a progresión destes rapaces que de seguir así poden alcanzar grandes retos no noso balonmán.