Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CALVO XIRIA 30 – LAS CINCO JOTAS LAVADORES 33

1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 20 26/02/2011 CALVO XIRIA 30 – LAS CINCO JOTAS LAVADORES 33 Calvo Xiria 30 (12+18): Iago [p], Alex García (3), Dubra (2), Jesús (1), Ramón…

1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 20
26/02/2011 CALVO XIRIA 30 – LAS CINCO JOTAS LAVADORES 33
Calvo Xiria 30 (12+18): Iago [p], Alex García (3), Dubra (2), Jesús (1), Ramón (1), Manuel (2), Borja (3) -equipo inicial- Kike[p], Pablo (16, 7 de 7 metros), Christophe, Fernando, Zas (1), David (1), Ángel.

Peguform S.A.R. 33 (13+20): Dani [p], Edgar (2), Alex (6, 2 de 7 metros), Serguey (4), Tomás (5), Jacobo (7), Mario (5, 5 de 7 metros) -equipo inicial- Diego [p], David (3), Joserra, Yago, Fernando, León, Javi (1).

Colexiados: Abraham e Marco Clemente Espinosa, do colexio asturiano. Excluíron aos locais Ramón (18 e 53), Christophe (59), Alex García (34 e 56), Manuel (11), Zas (50), ao adestrador Marcos Rodríguez (43) e amosaron cartón vermello a Dubra (43), tamén ao xogador visitantes Javi (26), Tomás (41), Fernando (39), Edgar (51) e León (57).

Marcador: 2 – 3, 3 – 5, 4 – 8, 8 – 10, 10 – 11, 12 – 13 (descanso); 14 – 16, 19 – 19, 22 – 25, 24 – 26, 26 – 29, 30 – 33 (final).

7 metros: Calvo Xiria: 7 / 8 #### Las Cinco Jotas Lavadores 7 / 8
Non puido ampliar a súa racha de vitorias o Calvo Xiria logo de caer derrotado ante o Lavadores por 30 goles a 33 na vixésima xornada da liga de 1ª Estatal Masculina. Os carballeses conservan a segunda praza logo dos resultado da xornada, a diferenza entre o Calvo, segundo, e o sétimo clasificado, OAR Coruña, é de só catro puntos. O que resta de liga vai ser apaixoante e de gran dureza para o que queira obter o premio da clasifiación para a fase de ascenso.

Non estivo cómodo o cadro local ao longo dos sesenta minutos ante un equipo que amosou por unha parte moita capacidade de lanzamento exterior e por outra unha defensa que aproveitou a diferenza de peso entre xogadores para levar o partido cara onde mellor lle conviña, agarróns e empurróns continuados, axudados pola falta de velocidade na circulación de balón, tanto no ataque posicional coma no contraataque do Calvo. Tamén a actuación de Dani na portería axudou dun xeito definitivo á vitoria do equipo visitantes.

O partido estivo de inicio de cara ao Lavadores que acadaou unha diferenza máxima de cinco goles no primeiro acto. Pero pouco a pouco a colaboración entre a defensa e a portería do Xiria fixo que a ventaxe minguase ata chegar a achegarse a un gol nos derradeiros cinco minutos da primeira metade.

O segundo tempo iniciouse cun novo estirón por parte visitante, mais en ningún momento deixou de loitar polos dous puntos o equipo carballés que conseguiu no minuto dez da segunda metade a igualada a 19 goles. Seguiu traballando a reo pero dúas situacións de catro contra seis xogadores en pista soterraron as opcións de acadar un resultado positivo.

Nos aledaños do Pavillón Vila de Noia producíronse o sábado 26 de febreiro actos vandálicos nos que resultou danado o vehículo dos colexiados do encontro Calvo Xiria – Las Cinco Jotas Lavadores. Ainda non sendo xusto culpar ás Escolas Balonmán Xiria nin aos seus seareiros dos mesmos, condenamos firmemente tales actos e aos seus autores sen dúbida ningunha. Non podemos actuar doutro xeito xa que para o noso Club supón unha vergoña que tales actos se producisen na nosa localidade, cuxo nome intentamos levar por toda España como exemplo de educación, deportividade e saber estar.