CALVO XIRIA 30 – MAGOPE SEIS DO NADAL COIA 30

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 17
16/02/2013 CALVO XIRIA 30 – MAGOPE SEIS DO NADAL COIA 30

Calvo Xiria 30 (14+16): Kike [p], Ramón (4), Jesús (1), Chimpo (6), Sergio, Manuel (4), Dubra (3) -equipo inicial- Iago [p], Jorge, Pablo (10), Calvete, Brais, Gonzalo (2), Mario.
Magope Seis do Nadal Coia 30 (15+15): Boullosa [p], Rey (5), Escudero (4), Rodríguez (4), López (7), Fernández (4), García (1) – equipo inicial – Rial (1), Couso (2), Iglesias (1), Estévez, Costa (1).
Colexiados: Fernando e Pedro Eiras Abalde do colexio galego. Excluíron por parte local aos xogadores Chimpo (11´e 43´), Sergio (27´), Ramón (58´), ao adestrador Marcos Rodríguez (43´) e amosar cartón vermello ao delegado Pi Fraga (59´). Mentres por parte dos vigueses excluíron a Rey (15´), Iglesias (29´), Rodríguez (41´) e García (52´).
Marcador: 3-4, 4-5, 7-7, 10-9, 12-13, 14-15(descanso);17-19, 19-22, 22-23, 26-24, 29-27, 30-30 (final).
7 metros: Calvo Xiria: 4 / 5 ### Seis do Nadal: 5 / 6
400 seareiros déronse cita no Vila de Noia para ver de novo ao seu equipo logo do longo parón de Nadal, trinta procedentes de Vigo.

Ía xa para dous meses sen poder ver ao Calvo Xiria no seu feudo e a ocasión non semellaba sinxela para os seus intereses, pois a súa defensa semellaba perder enteiros por mor das baixas de Álex e Cuco na parcela central e tampouco o rival era dos máis sinxelos, precedendo na clasificación aos carballeses, iso si, cos mesmos puntos.

Os primeiros cinco minutos foron un paseo para os ataques, con dous equipos que non funcionaban en defensa e daban todas as facilidades, e máis, aos lanzadores. Co paso dos minutos asentáronse ambos no terreo de xogo e o equilibrio foi chegando aos dous equipos, tanto nas dúas parcelas do xogo como no electrónico. Moi boas accións por parte duns e outros, cun xogo dinámico favorecedor do colectivo sobre as individualidades, fixeron vibrar ao público no Municipal Carballés, que non se quixo perder o que foi un grandísimo partido de balonmán.

Non foron tampouco suficientes as vantaxes que colleron uns e outros no segundo acto, catro goles, o suficiente para darlle o papel de favorito a un ou a outro. Con esa sensación de igualdade máxima chegouse aos derradeiros cinco minutos. O Calvo Xiria non foi capaz de manter a renda coa que entrou nese período nin Magope de tirar proveito dunha superioridade 4 contra 6 no derradeiro minuto. Con estas non quedaba outra opción máis que firmar táboas e reparto de puntos que leva aos carballeses a oitava posición pero a un só punto do cuarto clasificado.

Dende logo gran encontro por parte do Calvo Xiria no que non so tivo que loitar contra as baixas e contra un gran conxunto senón que se tivo que sobrepor a unha infame arbitraxe dos irmás Eiras Abalde, algo que xa ven sendo habitual cada vez que impoñen (in)xustiza en terras carballesas.