S.A.R. 27 – GARAYSA XIRIA 31

XORNADA 16

09/02/2013

S.A.R.: 27 (16+11): Vázquez, García, Otero (2), Amoedo (1), Castro, Otero (6), García P. (2), Sotelino (3), Pérez (8), Veiga (2), Táboas (1), Castrelos, Melón e Ribeiro (2).

Garaysa Xiria: 31 (16+15): Fran (2), Vila (5), Tito (3), Carlos (5), Xurxo, Juanca (12), Antonio, Brais (1), Ronaldo, Andy (1), Antón (2) e Souto.

Colexiados: Angélica Comesaña e Inocencio Pérez.

Nesta fin de semana de entroido o Garaysa Xiria viaxaba ata Redondela para enfrontarse ao SAR, nun horario pouco habitual para os xogadores carballeses, 16:30h. Tras unha viaxe pesada o Garaysa chegaba ao Pavillón da Bombonera coa intención de retomar á senda da vitoria que lle truncara o Octavio a pasada semana.

O encontro comezaba con moita igualdade no marcador. Ambos equipos tentaron impoñer un alto ritmo de xogo dende o comezo pero as imprecisións en ataque de ámbos os dous lados impediron que o marcador se decantase a prol de ningún. Todo isto, unido ao rigoroso criterio na sinalización dos pasos que os colexiados do encontro impuxeron dende o comezo, chegando a sinalar máis de 15 pasos en todo o partido, fixeron que o duelo se volvera un tanto aloucado con moitas transicións e ataques posicionais moi rápidos. O empate a 16 que arroxaba o marcador no descanso era boa mostra do visto na primeira metade: alto ritmo de xogo e máxima igualdade.

Sen embargo o Garaysa comezou a segunda metade máis acertado cara ao gol, e consciente da necesidade de apertar nas tarefas defensivas para poder escaparse no marcador. Dito e feito, o Xiria comezou a defender con maior intensidade e os apoios, que antes chegaban tarde, agora anticipábanse e a miúdo acadaban roubos de balón transformados en rápidos contragolpes.

Coas ideas claras e amosando unha gran madurez, o Xiria foi quen de levarse un partido marcado pola igualdade, xogando con criterio e acerto nos momentos claves.

Nova vitoria do Xiria que firma unha fin de semana moi exitosa con vitorias en todos os encontros disputados nas diferentes categorías: sénior, xuvenil, cadete e infantil.