Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CALVO XIRIA 30 – PEGUFORM SAR 30

XORNADA 10 29/11/2008 CALVO XIRIA 30 – PEGUFORM SAR 30 Calvo Xiria 30 (16+14): Quique, Cuco (4), Ángel (3), Jesús (2), Gonzalo (4), David (6) e Dubra (5) -equipo inicial-…

XORNADA 10

29/11/2008 CALVO XIRIA 30 – PEGUFORM SAR 30
Calvo Xiria 30 (16+14): Quique, Cuco (4), Ángel (3), Jesús (2), Gonzalo (4), David (6) e Dubra (5) -equipo inicial- Iago, Alex , Borja (1), Chimpo (2), Ramón, Manuel e Bruno (3).

Peguform SAR 30 (17+13): Marcos, Ricardo (3), David (5), José (4), Carlos (4), Oliver (5), Manuel (1) -equipo inicial- Damián, Eduardo (2), Agustín, Gustavo (3), Castro, Carlos e Antón (3).

Colexiados: Sres. Andrés e Alcalde, non estiveron finos na súa labor,

Parciais: 2-2, 7-6, 9-8, 11-12, 15-14, 16-17, 17-19, 19-20, 20-23, 22-26, 25-28, 30-30.

Décima xornada da liga de 1ª Estatal, novena para o Calvo Xiria que xa descansou unha xornada, na que que os carballeses se enfrontaron ao Peguform SAR e que supuxo un punto para o Calvo Xiria que rompe deste xeito unha racha de catro partidos sen puntuar. No descanso o marcador favorecía aos visitantes por 16 – 17.

Comezou o partido entre dous vellos coñecidos con moita igualdade, tanto en acertos como en erros, que se traducía nun marcador con moitas alternativas e nas que cada un dos equipos utilizaba as súas mellores armas para conseguir goles con moita facilidade, axudados pola ausencia de defensa por parte de ambos conxuntos.

A segunda metade cambiou de guión e o ataque carballés caeu en picado, en quince minutos o parcial era de 4-6 favorable aos redondeláns, e parecía que o partido se rompía. A partir deste intre a SAR impuxo a súa forma de xogo e chegou a ter cinco goles de vantaxe. Faltando catro minutos e medio o marcador de 25 – 29 puña contra as cordas ao Calvo. De novo o pouco acerto de cara ao lanzamento e unha, ata o de agora descoñecida na presente campaña, debilidade defensiva facía que a diferenza non deixase de medrar.

Mais se algo faltaba neste xa clásico enfrontamento era a reacción final do Xiria, que chegou algo tarde e so bastou para acadar un empate que non deixa contento a ningún dos dous equipos, pero que polo menos serve para romper a racha negativa na que se atopaba o Xiria.