VIPECÓN XIRIA 33 – EM CAMARIÑAS 25

Vipecón Xiria 33(16+17): Bisbi, David (6), Jorge (2), Brais(4), Iago (7), Antón (4), Miguel(5) -equipo inicial- Iván Lorenzo (1), Heitor (2), Mario, Iván Eiroa, Luís(2), Ricardo, Joaquín.

EM Camariñas:(11+14): Alvaro, Paco (4), Caamaño (11), Martín (4), Damián (3), Manuel (2), Bieito (1) -equipo inicial- Ángel, Cristian, Bruno, Francisco.

Colexiados: Julio López e Andrés Rosendo. Non estiveron nada afortunados, aínda que non tiveron influencia no resultado final do encontro.

O Vipecón Xiria acadou unha nova vitoria ao imporse no derbi á EM Camariñas por 33-25 na oitava xornada da División de Honra Cadete.

O equipo carballés non xogou o seu mellor encontro, pero nunca temeu polo resultado final, incluso no primeiro tempo, cando os erros e imprcisións en lanzamentos sinxelos dende os seis metros sumábanse de forma consecutiva, os locais conseguían irse ao descanso cun marcador favorable de 16-11. Así sempre foron os locais os que levaron a dianteira no marcador dende o inicio e amosábanse superiores en todas as fases do xogo, aínda que con menos intensidade da habitual. En definitiva, un partido, que, a pesar das mínimas diferencias nalgunhas fases da primeira metade, deixaba clara a superioridade do Vipecón e daba a sensación de que cando estes apretaran o acelerador podíanse marchar no electrónico cunha diferencia máis ampla.

O partido xa non era atractivo pero baixou máis na reanudación por ambas as partes, quizais motivado no coñecemento do equipo visitante da imposibilidade de remontar e por parte dos locais porque xa se vían gañadores e aproveitaron para facer xogar maís minutos aos rapaces menos habituais. O resultado final de 33-25 non deixa unhas boas sensacións de cara o xogo pero permite a suma de dous importantes puntos para afrontar a recta final da primeira volta, onde o Vipecón Xiria deberiíse aupar ata zona media-alta da clasificación.

O próximo partido para o Vipecón será dentro de dúas fins de semana na pista pontevedresa do Cisne, equipo que ocupa o último lugar da clasificación con cero puntos, posto que na vindeira fin de semana non haberá liga por mor dos compromisos da Selección Galega Cadete.