PROCASA XIRIA 24 – BALONMANOPOLIS 28

Procasa Xiria: Ivan, David (5), Brais (3), Anton (2), Iago (6), Jorge (1), Miguel (1) -equipo inicial- Heitor, Luís (3), Martin, Damian (1), Alejandro, Joaquín (2) e Ricardo.

Balonmanopolis: Pablo, Aarón, Iván (2), Cristian (2), Jesus (10), David (6), Diego (6) -equipo inicial- Martín (2), Andres, Pedro e Daniel.

Colexiados: O colexiado Jose I. Pereira Navaza non influiu no resultado final..

O Procasa Xiria sufríu unha derrota na súa cancha no primeiro partido de copa fronte ao equipo Balonmanópolis de Culleredo.

No primeiro tempo os visitantes mantivéronse a maior parte do tempo por diante no marcador con curtas vantaxes, aínda que o xogo non era bo por parte de ningún dos dous equipos. Os ataques impoñíanse ás defensas, aínda que o Procasa estaba máis metido no partido que no anterior choque contra este mesmo equipo. Fernando Vázquez aproveitou o partido para dar minutos a xogadores que tiveron menos tempo de xogo na liga regular e estes non defraudaron, polo menos en canto a esforzo e intensidade. O electronico amosaba deste xeito un axustado 11-12 ao descanso que deixaba todo aberto de cara a reanudación.

Na segunda metade o Balonmanópolis seguía por diante mantendo esas vantaxes curtas no marcador grazas aos lanzamentos exteriores dos seus rapaces. De todas formas os do Procasa estaban a manter o pulso, como dicíamos anteriormente, cos xogadores menos habituais, fronte aos titulares do Balonmanópolis. O resultado final de 24-28 non deixa polo tanto un mal sabor de boca para os locais senón máis ben todo o contrario.