CALVO XIRIA 32 – GAEVA 2000-BUEU AT. 31

XORNADA 13

12/12/2009 CALVO XIRIA 32 – GAEVA 2000-BUEU AT. 31
Calvo Xiria 31 (12+19): Kike (p), Cuco (3), Chimpo (5), Pablo (6), Iván (2), Alberto (12/ 3 de 7m), Álex Zas (2) –equipo inicial- Iago (p), Ramón, Ángel (1), Christophe e Jesús (1).

Gaeva 2000-Bueu At. 31 (15+16): Colinas (p), Aitor Juncal (8), Abel Juncal (3/ 1 de 7m), Alexandre Dacosta (6), Couso (4), Curra (6/ 2 de 7m), Hugo (4) –equipo inicial- Del Río (p), Juan Manuel Rodríguez, Otero, Héctor, Cadilla, Román e Bacelar.

Colexiados: Inmaculada Leiva Chumilla e Fuensanta Muñoz Pérez (Andalucia). Excluíron a Iván (min. 18), Cuco (min. 24 e 48), Ángel (min. 27), Álex Zas (min. 37) e Jesús (min. 53) polo bando local; e polos visitantes a Aitor Juncal (min. 15 e 26) e Juan Manuel Rodríguez (min. 42, 43 e 52).

Parciais: 3-2, 6-6, 9-9, 12-10, 14-13, 16-15 (descanso) 18-18, 21-21, 23-23, 25-26, 27-30, 32-31 (final)
Primeiro tempo: 1-0 (Chimpo), 1-1 (Aitor Juncal), 2-1 (Iván), 2-2 (Abel Juncal/ de 7m), 3-2 (Chimpo), 3-3 (Hugo), 4-3 (Alberto), 4-4 (Aitor Juncal), 5-4 (Álex Zas), 5-5 (Curra/ de 7m), 6-5 (Pablo), 6-6 (Dacosta), 6-7 (Aitor Juncal), 7-7 (Cuco), 8-7 (Alberto/ de 7m), 8-8 (Aitor Juncal), 8-9 (Curra), 9-9 (Alberto), 10-9 (Pablo), 11-9 (Cuco), 12-9 (Álex Zas), 12-10 (Aitor Juncal), 13-10 (Alberto), 13-11 (Couso), 13-12 (Aitor Juncal), 13-13 (Couso), 14-13 (Alberto), 14-14 (Couso), 15-14 (Chimpo), 16-14 (Alberto), 16-15 (Dacosta).
Segundo tempo: 16-16 (Hugo), 17-16 (Ángel), 17-17 (Dacosta), 17-18 (Curra), 18-18 (Chimpo), 19-18 (Cuco), 19-19 (Dacosta), 20-19 (Chimpo), 20-20 (Curra/ de 7m), 20-21 (Dacosta), 21-21 (Pablo), 21-22 (Aitor Juncal), 22-22 (Albeto/ de 7m), 22-23 (Couso), 23-23 (Alberto/ de 7m), 23-24 (Hugo), 24-24 (Jesús), 24-25 (Dacosta), 24-26 (Curra), 25-26 (Pablo), 25-27 (Aitor Juncal), 25-28 (Curra), 25-29 (Abel Juncal), 26-29 (Alberto), 27-29 (Iván), 27-30 (Hugo), 28-30 (Pablo), 29-30 (Alberto), 30-30 (Pablo), 31-30 (Alberto), 32-30 (Alberto), 32-31 (Abel Juncal).
7 Metros: Calvo Xiria: 3/3 ### Gaeva 2000-Bueu At: 4/3
En encontro correspondente a décimo terceira xornada de Primeira División Estatal de Balonmán, o Calvo Xiria, conseguiu derrotar ao Gaeva 2000-Bueu At. polo apretado resultado de 32-31. Colleita así a súa terceira vitoria consecutiva no prazo de oito días e asina o segundo mellor rexistro da súa historia ao conseguir sumar 15 puntos nesta primeira volta da competición.

Visitaba o parqué carballés o penúltimo clasificado da categoría e en vista do acontecido, para nada demostraron ser merecentes de tal condición. Os de Bueu realizaron un partido moi serio e competitivo e fixéronse acredores a levar, polo menos, algún dos puntos en xogo.

Despois de que ambos os dous equipos desperdiciasen cadanseu ataque, o carballés Chimpo consegue subir ao electrónico o primeiro gol do choque, xusto cando se cumpría o minuto un de xogo. Por mediación de Aitor Juncal empatan os visitantes para comezar así cunha dinámica na que os xogadores de Marcos Rodríguez conseguen poñerse un gol arriba que deseguido é replicado con outro dos pupilos de José Luis “Lupo” que lles vale para establecer a igualada no taboleiro de marcas. Chégase así ao minuto dez con empate a 6, cando un tiro de Iván ao pau, permítelle as visitantes recuperar posesión para rubricar a súa primeira vantaxe (6-7). Non tarda o Xiria en volver a recuperar o mando e, despois dunha falta en ataque dos rivais, ata ten opción de escaparse de dous; pero dúas perdas de balón, en ataques precipitados, son aproveitadas polos visitantes que se colocan cun 8-9 favorable pouco antes do minuto quince. Nos intres seguintes e nun moi curto espazo de tempo os visitantes van cometer unha serie de erros na que se inclúen dous lanzamentos desviados, un balón que se escapa pola banda e un corte que provocou unha contra. Así, os carballeses moi ben apoiados polo alento da súa parroquia van aproveitarse perfectamente desta crise para firmar un parcial de 4-0 que lles vale para escaparse de tres goles (12-9). O encontro semellaba encamiñado, pero nunha xogada defensiva sen perigo aparente, unha desgraciada acción de Iván ao golpear fortuitamente na cara a un rival, ocasionou a súa clarísima exclusión e deixou ao equipo totalmente desorientado. Os verdinegros ata perderon dous ataques por irregularidades de xogadores sen balón, e no minuto vinte e dous o partido volvía a estar empatado (13-13). Antes do descanso só tres goles máis subiron ao marcador e cun 15-14 favorable aos da casa chegouse a final deste primeiro tempo no que o Xiria cunha defensa lonxe da súa mellor versión concedeu moitas facilidades aos de Bueu.

Kike, con só tres paradas, non tiña o seu día máis feliz e ao comezo do segundo acto Iago remudouno na portería. Os visitantes xa tiñan feita esta troca desde o primeiro tempo e era agora Francisco Del Río o encargado de defender o seu marco. O saque pertencía aos de Bueu o por mediación do seu rápido e áxil extremo Hugo anotan primeiro e igualan a contenda. Ángel nunha contra marca o 17-16 e na seguinte xogada o Xiria consegue cortar o balón e armar un novo contraataque pero o meta, Del Río, consegue rechazar o balón en dúas ocasións e finalmente aínda detén un terceiro intento.
Con alternativas no marcador pero sen superar nunca a barreira de un gol os equipos chegan igualados (23-23) ao minuto corenta e dous. Os xogadores de Lupo cunha ben ensaiada colocación na pista, excelentemente dirixidos polo lalinense Alexandre Dacosta «Pachi» e secundados polo lateral Aitor Juncal e os extremos Hugo e Curra estaban causando moitos problemas ao equipo local polo que Marcos Rodríguez decide cambiar a defensa 6/0 por unha 5/1 con Pablo no avanzado sobre o propio Pachi. Os verdinegros conseguen roubar algúns balóns, e a pesar de contar coa vantaxe de xogar tres minutos cun home máis, un torrente de fallos en ataque (dous tiros fóra, un par de madeiras e outras tantas paradas de Del Río) impediron conseguir algo positivo; polo contrario, foron os visitantes os que se escapan no marcador (24-26 no minuto vinte). Buscando un revulsivo, Marcos fai saír de novo a Kike pero as cousas non cambian e a vantaxe do Bueu aumenta ata os catro goles (25-29) no minuto vinte e tres. A racha vitoriosa do equipo semellaba ía a ser truncada, pero a afección non se rendía e comeza a animar con máis brío. O meta carballés, por fin, pode encadear varias paradas e o equipo liderado por un bravísimo Alberto comeza a recurtar. No minuto vinte e seis con 28-30 no eléctronico, Kike acerta a deter un lanzamento de sete metros e rapidamente o Xiria marca na outra portería; así dun posible 28-31 pásase a un esperanzador 29-30. O equipo seguía defendendo 5/1 e cun traballado roubo de balón, cando faltaban dous minutos, Pablo consegue á contra, empatar o partido e levantar ao público dosseus asentos. Os nervios do Bueu e a tremenda mobilidade de pernas da defensa carballesa nos momentos finais permitiron a Alberto poñer a puntilla ao partido con dous novos goles, o último nun contraataque fabricado por el mesmo. Abel Juncal conseguiu o derradeiro tanto do partido establecendo o definitivo 32-31 co que rematou o evento.