Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CALVO XIRIA 32 – MECALIA ATL. NOVÁS 20

1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 25 02/04/2011 CALVO XIRIA 32 – MECALIA ATL. NOVÁS 20 Calvo Xiria 32 (17+15): Iago [p], Álex García (2), Dubra (3), Jesús (2), Manu (3),…

1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 25
02/04/2011 CALVO XIRIA 32 – MECALIA ATL. NOVÁS 20
Calvo Xiria 32 (17+15): Iago [p], Álex García (2), Dubra (3), Jesús (2), Manu (3), Borja (5), Ramón -equipo inicial- Kike [p], Pablo (10, 3 de 7 metros), Christopher, Fernando (2), Álex Zas (3), Ángel (1), David (1).

Mecalia Atl. Novás 20 (11+9): Esteban [p], Herbello (4, 1 de 7 metros), Armán (2), Manu (2), Harris, Jorge (3), Germán – equipo inicial- Santi [p], Coello (3), Lechu, Miguel (3), Pombal, Marcos (2).

Colexiados: Roberto Alcalde Golas e David Ramos Montero, da Federación Territorial de Castela e León. Excluíron ao local Álex García (min. 32) e aos visitantes Lechu (23), Pombal (33 e 43) e Coello (52 e 59).

Marcador: 3 – 0, 6 – 2, 9 – 4, 12 – 7, 15 – 8, 17 – 11 (descanso); 20 – 12, 21 – 13, 22 – 13, 26 – 14, 29 – 17, 32 – 20 (final).

7 metros: Calvo Xiria: 3 / 3 ### Mecalia Atl. Novás: 1 / 1
O Calvo Xiria acadou, de xeito matemático e a falta de unha xornada para o remate da liga, o subcampionato ligueiro, unha segunda posición que o clasifica para xogar a fase de ascenso á División de Honra Prata, segunda categoría en importancia do balonmán español tras a liga Asobal.

Ante máis de medio millar de Xiriareiros, que ateigaron as bancadas da Zona Escolar inundándoas de cor verde e que non deixaron de armar barullo e animar aos seus durante todo o encontro, os rapaces de Marcos Rodríguez deron o mellor de si e arrollaron a un Novás que en ningún momento foi quen de parar a avalancha dos carballeses, desbocados cara o trunfo. Con unha defensa dura e intensísima e un ritmo vertixinoso de partido o Calvo mandou dende os primeiros minutos, deixando claro que querían estar na fase e querían conseguilo diante da súa afección. A defensa funcionaba á perfección, o que permitía aos de Carballo facer o que mellor saben, xogar con velocidade e cun alto ritmo, aí son imparables. E cando se producía algún erro na defensa aparecía a figura, inconmensurable, do meta Iago, que se largou un autentico partidazo. Así, pouco a pouco, co transcorrer dos minutos, o Xiria ía aumentando a súa renda no electrónico para deleite dos seus incondicionais que seguían a dalo todo na grada. Sobre o toque da bucina que sinalaba o intermedio consegían os carballeses o derradeiro tanto da primeira metade para retirarse aos vestiarion cunha considerable renda de 7 goles.

No reinicio, aínda que a diferenza podía dar lugar a certa relaxación, nada máis lonxe da realidade, os de Carballo seguían ao seu, a dalo todo e non deixaban respirar aos do Rosal. Máxima concentración en defensa, con todo o equipo raiando a perfección, que permitía seguir aumentando paseniñamente a diferenza no electrónico, ata chegarse a ese 32-20 que sinalaba o marcador co pitido final, ante o deleite dunhas bancadas entregadas co seu equipo.

Mención especial merece a laboura do director de orquesta nas gradas, arengando ao equipo e aos seareeiros, o Sr. “Pi”, ataviado con un orixinal difraz e megáfono en man que non parou de animar aos xogadores e ao público durante os sesenta minutos.

Ao remate, chegaron as celebracións na pista, nos vestiarios, duchas, piscina, aledaños do pavillón, que rematou cos xogadores, técnicos, directivos, amigos, afeccionados e todo aquel que caía nas mans dos rapaces completamente pingando. E unha cea e festa posterior que foi todo un exito con máis de 220 persoas.

Na derradeira xornada de liga os carballeses deben visitar, o sábado ás 19.00 h, a pista xixonesa de La Arena onde se enfrontarán ao Medicentro Gijón nun bonito duelo, aínda que sen nada en xogo, entre os dous equipos que demostraron ser os mellores da liga.