CALVO XIRIA 32 – MECALIA ATL. NOVÁS 23

15/09/2007 CALVO XIRIA 32 – MECALIA ATL. NOVÁS 23
Calvo Xiria (13+19) 32: Quique, Roberto(5), Cuco (4), Pablo (3), Fernando (3), Cristophe (2) e Chimpo (3) -equipo inicial – Iago, Pombo (3), Bruno (6), Álex (3) e Dubra.

Mecalia Atl Novás (9+14) 23: Mouriño (1), Marcos (1), Cristian, Óscar (1), Estaban, Paulo (5), Manuel (4), Benigno (2), Eros, Noé (2), Pablo (3) e Iago (4).

O Calvo Xiria impúxose no debut oficial desta campaña ao Mecalia Atl. Novás por 32 a 23 en encontro pertencente á ida dos oitavos de final da Copa Federación Galega. Ao descanso xa mandaban os locais no marcador por 13-9.

Mal partido o que puíderon presenciar esta tarde no municipal carballésuns 250 afeccionados, un encontro cheo de erros por parte de ambos equipos con innumerables perdas de balón non forzadas.

O Xiria contaba coas baixas de Ángel, por motivos persoais, e de Dubra, que aínda que estaba no banquillo non se atopaba en condiciós de xogar pola súa lesión no ombreiro. Costoulle no arranque coller o ritmo ao Calvo Xiria que tardou 4 minutos en anotar o seu primeiro tanto e que foi por detrás no electrónico nestes primeiros compases de partido. Unha vez que os de Marcos Rodríguez tomaron o mando no marcador xa non o soltaron ata o remate do encontro, aumentando paulatinamente a renda de goles. Tan so houbo uns momentos, no inicio da segunda metade, no que parecía que os do Rosal ían a dar máis guerra ao Xiria colocándose tan só un gol por debaixo, pero os de Carballo souberon repoñerse e non tiveron problemas para facerse coa victoria.