Presentación Tempada 2007-2008

Esta mañá, tivo lugar, nas instalacións de Conservas Calvo en Carballo, principal patrocinador do club, a presentación do Calvo Xiria para a campaña 2007 / 2008. Un acto ao que asitiu o presidente da Asociación Deportiva Xiria, Luciano Calvo, o concelleiro de Deportes do Concello de Carballo, Marcos Trigo, o xerente do Padroado Deportivo Municipal, Francisco García, a xunta directiva da Sección de Balonmán da AD Xiria e varios colaboradores e afeccionados do club.
E, por suposto, os verdadeiros protagonistas: os rapaces da plantilla co seu adestrador e delegado á cabeza.