Presentación do X PopXiriaPop

Esta mañá tivo lugar na Casa do Concello de Carballo o acto de presentación do «X PopXiriaPop» que se celebrará esta fin de semana en Carballo. Interviron no acto Xabier Graña, por parte da organización, Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, Marcos Trigo, concelleiro de Xuventude, e Belén Lendoiro, concelleira de Cultura, quenes explicaron os pormenores do festival.

Destacar como novidade que este ano teremos á venda camisetas conmemorativas do 10º aniversario do festival e que co bono para os dous días regalarase o segundo volume do Escrita Pop, o primeiro foi o ano pasado, consistente nun CD que conterá todas as cancións gravadas polo mítico grupo carballés dos 80 Metro e varios números dun fancine pop.