Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CALVO XIRIA 32 – UNIVERSIDAD DE LEON ADEMAR 28

XORNADA 1 20/09/2008 CALVO XIRIA 32 – UNIVERSIDAD DE LEON ADEMAR 28 Calvo Xiria 32 (19+13): Quique, Cuco (4), Ángel (3), Bruno (2), Pablo (3), David (13) e Dubra (3)…

XORNADA 1

20/09/2008 CALVO XIRIA 32 – UNIVERSIDAD DE LEON ADEMAR 28
Calvo Xiria 32 (19+13): Quique, Cuco (4), Ángel (3), Bruno (2), Pablo (3), David (13) e Dubra (3) -equipo inicial- Iago, Alex (1), Borja (3), Chimpo, Pombo, Manuel e Jesús.

Universidad de León Ademar 28 (14+14): Luis, Álvaro (6), Ander (1), Sergio (3), Diego, Jaime (4), Juan (2) -equipo inicial- José (2), Sadim, Markel (4), Mario (2), Ángel (4) e Ricardo.

Colexiados: Pérez otero e Eiras Abalde. Non influíron no resultado final. Indicar que os datos dos goles do Calvo Xiria son os reais e non os reflectidos no acta que non se corresponden coa realidade. Descoñecemos se cos goles do Ademar aconteceu o mesmo.

Parciais: 5-1, 9-2, 11-5, 15-8, 19-11, 19-14, 20-16, 22-19, 24-21, 26-24, 28-26, 32-28.

O Calvo Xiria iniciou a liga de 1ª Estatal Masculina ante o Universidad de León Ademar en partido disputado no Pavillón da Zona Escolar e que rematou coa vitoria dos carballeses por 32 goles a 28. No descanso o marcador reflectía un parcial de 19 – 14 a prol dos locais.

O partido comezou cun Calvo mandando de xeito comodo no marcador, situación que se mantivo ao longo dos primeiros vintecinco minutos. O cadro de Marcos Rodríguez baseou neses intres o seu dominio nun contraataque eficaz que era o resultado dunha boa defensa en colaboración con Quique na portería. No ataque posicional tampouco tiña problemas o equipo carballés que da man de David vía portería con suma facilidade.

Os seguintes vintecinco minutos foron de clara cor leonesa, que cunha variación defensiva sacaban do partido ao ataque carballés que so era quen de anotar sete goles nese período. As contras do Ademar eran un lastre para o Calvo que so a través da súa defensa se aferraba ao encontro e impedía que os visitantes se achegaran a menos de dous goles.

Os derradeiros minutos foron para o Xiria que soubo manterse no partido a pesar dos esforzos do Ademar para estragarlle a festa do seu retorno a 1ª Nacional.