XORNADA 2
27/09/2008 OAR CORUÑA 26 – CALVO XIRIA 26
OAR Coruña 26 (14 + 12): Abel, Iago (6), Miguel (5), Nano (8), Joaquín (5), Martín (2), Carlos – equipo inicial – Javier, Alberto, Víctor, Suárez, Yoel, Iván, Fabián.
Calvo Xiria 26 (10+16): Quique, Cuco, Ángel (4), Bruno (3), Pablo (4), David (6) e Dubra (2) -equipo inicial- Iago, Alex (1), Borja, Chimpo, Pombo, Manuel (4), Christophe e Jesús.
Colexiados: Srs. Cáceres e Vázquez de Prada, pouco constantes na súa labor e adquirindo demasiado protagonismo en momentos decisivos do encontro.
Parciais: 3-1, 6-3, 8-5, 10-7, 11-8, 14-10, 16-12, 19-13, 21-15, 26-22, 26-26.
Disputouse a segunda xornada da liga de 1ª Nacional e o Calvo Xiria desprazouse a Coruña para disputar o partido que o enfrontou ao OAR no derbi provincial da categoría. O resultado final foi de empate a 26 goles nun encontro que chegou ao tempo de lecer con vantaxe para os locais cun parcial de 14 – 10.
Non se pareceu en nada o desenvolvemento do partido ao da pasada xornada. Dende o inicio mandou con claridade o OAR que marcaba as primeiras diferenzas grazas á labor de Nano no pivote –perfectamente asistido por Iago- e Abel na portería que fixo un gran partido e tivo moito que ver no punto que acadou o conxunto coruñés. Por parte dos carballeses non había ningún xogador que vise claridade no ataque e nas veces que se conseguían lanzamentos claros aparecía a figura de Abel para botar por terra todo o traballo feito e só o traballo defensivo en certos momentos e a aportación de Quique na portería do Xiria impediu un marcador máis amplío. Tamén as lesións pasaron factura aos carballeses, xa que David que ata o de agora levara o peso ofensivo do equipo presentouse neste choque cunha importante merma física.
O paso polo vestiario non cambio nada no guión do partido e co paso dos minutos o conxunto de Pablo Aguirre acadaba maiores diferenzas chegando aos sete goles, Abel seguía co seu recital e en cincuenta minutos so recibira quince goles.
Máis os dez minutos finais foron un recital de desexo de vitoria e de confianza no traballo que estaba a facer por parte dos carballeses. Un parcial de 5 – 11 (0 – 4 nos derradeiros cinco minutos) deulle a volta ao marcador e transformouse nun punto para o Calvo.
Ao final un punto que se levan os carballeses dun partido que se puxo moi costa arriba, e o que é mais importante, o feito de que todos os xogadores poden aportar moito ao conxunto e a sensación de confianza nas posibilidades de vitoria do grupo debe de valer como reforzo de cara aos seguintes partidos.