TIRSO DE MOLINA 9 – VIPECÓN XIRIA 39

Tirso de Molina 9 (4+5): Rafa, Diego, Jaime, Gonzalo (2), Pablo (1), Alex (2), Carlos (4) -equipo inicial- José, Pedro, David, Moya, Adrián, Antón, Carlos Fdez.

Vipecón Xiria 39 (20+19): Bisbi, Miguel (10), Brais (8), David (7), Iago (3), Antón (4), Damián –equipo inicial– Heitor (1), Martín (1), Joaquín (2), Ricardo, Chou, Jorge (1), Luis (2).

Colexiado: Alberto Picallo. Non influíu no resultado final nun encontro sinxelo, dada a superioridade do equipo visitante

Parciais: 1-3, 1-8, 2-12, 2-15, 3-18, 4-20 (Descanso) 5-24, 8-26, 8-27, 8-33, 8-36, 9-39.

O pasado sábado comezaba a competición na categoría cadete e o Vipecón Xiria visitaba a cancha do equipo ferrolá do Tirso de Molina na 1ª xornada da fase de Clasificación para a División de Honra. Ao remate desta competición, o vindeiro domingo, saberemos que tres equipos da zona norte de Galicia se clasifican para disputar a División de Honra da categoría

O equipo carballés comezou de forma contundente a súa participación nesta fase fronte a un Tirso que se amosou moi inferior. Así, foron os visitantes os que levaron a dianteira no marcador dende o principio, deixando ben ás claras a súa superioridade en todas as fases do xogo. En definitiva, un partido sen historia coma xa sinalaba o electrónico no remate da primeira metade, 4-20. Todos os xogadores bergantiñáns dispuxeron de minutos de xogo, e todos eles estiveron a unha bo nivel.

A segunda parte non tivo máis historia que a primeira, co único aliciente de saber de canto ía ser a diferenza a prol dos visitantes. Ao remate, un incontestable 9-39 deixaba ben claro as diferenzas que hai entre un e outro equipo e debuxaba o primeiro paso cara a atopar a ansiada clasificación para a liga galega.

O próximo paso será o mércores ante o noso público, as 17.30 h, no pavillón da Zona Escolar, ante un Bm Narón que ven de perder coa EM Camariñas e co Tirso de Molina.