Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CALVO XIRIA 33 – ARTAI POIO 22

11/10/2007 CALVO XIRIA 33 – ARTAI POIO 22 Calvo Xiria (13+20) 33: Iago, Cristophe (4), Fernando Vázquez (5), Alex (2), Pablo (3), Bruno (5) e Dubra -equipo inicial- Guillín, Sebastián…

11/10/2007 CALVO XIRIA 33 – ARTAI POIO 22
Calvo Xiria (13+20) 33: Iago, Cristophe (4), Fernando Vázquez (5), Alex (2), Pablo (3), Bruno (5) e Dubra -equipo inicial- Guillín, Sebastián (3), Pombo (1), Roberto (7), Chimpo (2), Jesús (1) e Manuel.

Artai Poio (12+10) 22: Félix, Alexis (4), Miguel (3), Serafín (1), Anxo (4), Iván (2) e Iago (4) -equipo inicial – Ángel, Alejandro, Adrián, Enrique (3) e Isaac (1).

Árbitros: Martín Domínguez e Jordi Pérez. Regular. Moi meticulosos. Castigaron ao Calvo Xiria con 9 exclusións e ao Poio con 5, nun partido de guante branco.
O Calvo Xiria volveu á senda do triunfo ao impoñerse en Carballo ao Artai Poio por un contundente 33-22. Só puido o conxunto carballés doblegar ao seu rival na segunda metade, nun choque moi igualado no primeiro acto e no que o Artai Poio aguantou o que parceía ía ser un paseo dos locais. O equipo de Marcos Rodriguez empezou ben e pronto colleu unha renda de tres goles (5-2) que parecía encarrilaba xa o partido para os verdibrancos. Foi nese preciso instante cando comezaron os problemas para os locais, que estiveron oito minutos sen conseguir marcar un só gol en ataque. Unha situación que aproveitaría o Poio para, sen facer nada do outro mundo, poñerse por diante no marcador (5-6) e meter o medo no corpo a un Calvo Xiria que non carburaba. O conxunto local permaneceu no partido gracias ó acerto anotador de Roberto na primeira liña, ben secundado despois no lanzamento por Fernando Vázquez e Sebastián. O balón non chegaba con fluidez aos estremos e as posibilidades de contraataque difuminábanse con imprecisións que permitían quo o Poio chegarse ao descanso tan só un gol por debaixo no marcador (13-12).

O Calvo Xiria apretou un pouco máis os dentes na segunda metade e, froito desta situación, comezaron a chegar os contraataques e unha velocidade no xogo que romperon o partido xa de inicio. Antes de cumplirse os dez primeiros minutos, os carballeses xa gañaban por cinco goles (19-14) e convertían en mero trámite o resto do encontro. Si serviron eses minutos para que Marcos puidera asentar a defensa 5-1 que dispuxo ao longo de case todo o partido, ademais de para pedir intensidade aos seus xogadores, con transicións rápidas que provocaron ese aluvión de goles na segunda metade para os locais (20). O Artai Poio foi difuminándose pouco a pouco e quedou a merced dun Xiria que seguiu correndo ata o último minuto. O público puido gozar de boas xogadas dos carballeses e cunha nova exhibición de lanzamento desde o estremo de Bruno, que ao igual que no Grove fixo unha excelente segunda metade. A próxima semana toca viaxar a Ribadavia, co obxectivo de conseguir a primeira victoria a domicilio da temporada.