E.BM.XIRIA: 26 – ACADEMIA OCTAVIO: 29

XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA

E.BM.Xiria 26 (11+15): Jorge, Alberto (1), Enrique(7),Iván(9),Diego(1), Julián(3), Lolo – Equipo inicial – Buño, Cristian (4), Calvo, Gabriel, José, Dani (1).

Academia Octavio 29 (11+18): Pedro, Víctor (9), Cabaleira (3), Giráldez (1), Costas (1), Peixoto (9), Núñez (6) – Equipo inicial – Casais, Costa, De Moura, Beiro, Conde, Gregorio, Veiga.

Foi un auténtico partidazo, tal e como xa ocurríra na primeira volta, o que se disputou no Vila de Noia de Carballo o pasado Sábado e que enfrontaba ao lider da competición, ó Octavio de Vigo e ao Xiria, que acababa de perder a cuarta posición da táboa facía unhas horas, a favor do Teucro de Pontevedra, situado agora, un punto por encima dos carballeses. O rendimento espectacular do equipo de Xiria fronte a un rival chamado a apabullar os seus contrincantes no camiño cara ó título de liga, merece unha atención superlativa dado o potencial dos olívicos.

O máis destacable e a pesar da derrota, é, unha vez máis, a demostración de que, este equipo, pode competir contra calqueira da categoría cando a intensidade e a concentración, é a que se supón para competir a este niveis. dos rapaces carballeses, que fai tan só dous anos, eran batidos de forma contundente fronte esta mesma xeración do Academia Octavio (21-33). Naquela liga, o conxunto vigués demostrara gran superioridade respecto aos demáis equipos e conseguiría o subcampionato galego, cedendo tan só catro puntos fronte o seu máximo rival, o BM.Lalín, que a postre, proclamaríase campión galego e subcampión de España. O mérito e moitísimo e polo tanto hai que destacalo, reseñar o traballo dos bergantiñáns e tgraballar para que, unha maior regularidade, leve aos de Xiria a acadar cotas máis altas.
O partido comenzaba con dous conxuntos moi metidos en faena, a intensidade e a velocidade eran moi elevadas e a dureza nas retagardas, notas predominantes o

longo dos sesenta minutos. Os parciais sucedíanse a favor de un e outro equipo, as alternativas no electrónico, tamén e, nese senso, golpeaban primeiro os olívicos, que conseguían un 1-3 de parcial nos primeiros compases, contestado, de xeito brilante polos locais, con un 3-0 nos seguintes cinco minutos. No descanso, o 11-11 que reflectía o electrónico, falaba da dureza das defensas, do acerto dos gardamallas e da igualdade que predominara nos primeiros trinta minutos.

Na reanudación, os de Vigo sairon coma un vendaval, non querían sorpresas, xa que non poden deixar escapar ningún punto si queren alzarse, aló polo mes de Abril, co título de campións galegos. Pero o Xiria, non lle ía a zaga e saíu respondón no día de hoxe, igualando forzas cos visitantes. Prácticamente, non cambiara nada con respecto o primeiro acto e se chegaba a recta final do envite, a os últimos dez minutos, unha pequena avantaxe dos de Vigo (23-24). Un 1-4 de parcial nos seguintes cinco minutos, rachaba o encontro a favor do Octavio. Os locais, subían todavía máis a súa dureza defensiva e a gran actuación do seu porteiro, facilitaba tres contragolpes claros para que o seu equipo, alcanzara unha diferencia que ía ser definitiva a falla de cinco minutos para o remate (24-28). O 2-1 de parcial nos últimos instantes a favor dos de Xiria, foi insuficiente e os vermellos saen de Carballo con dous puntos importantísimos.

A semana que ven, o conxunto de E.BM.Xiria, visitará a cidade de Vigo para enfrontarse ó Seis do Nadal, un equipo que a bo seguro presentara moitas dificultades na súa casa do barrio de Coia. Os rapaces de Carballo deberán de afrontar o encontro co mesmo espíritu competitivo que tiñeron esta fin de semana. O encontro disputarase o Domingo 26/01/14 as 12:15 no pavillón de Coia.