Ifecgas Pereira Xiria: Naya, Oscar (4), Boti (3), Ivan (6), Diego (3), Alberto (12), Zas (6) – equipo inicial – Dani (5), Andres (3), Borja, Nestor, Rodrigo (5).
Bm. Oleiros: Hector (2), Bruno, Marcos (4), Sergio (1), Flavio (12), David Diez (6), David Agra (1) – equipo inicial – Jose (3), Pedro (3), Miguel (2).
Colexiados: O colexiado Rafael Iglesias non influiu no marcador final.
O Ifecgas Pereira Xiria acadou unha vitoria na visita do Bm Oleiros a Carballo, un dos aspirantes a disputar o sector galego en categoria cadete. Comezou moi forte e mentalizado o Ifecgas Pereira, cunha intensisima defensa e rápidos contraataques que facían que os visitantes só perforaran a porteria carballesa por tres veces nos primeiros quince minutos e que se chegara ao descanso cun abultado 22-14 a prol dos de Carballo.
Á volta dos vestiarios, o Bm Oleiros acercabase no marcador, aínda que nunca de forma temible para os locais que sempre dominaron o encontro no marcador. Desta forma o Ifecgas Pereira Xiria acada dous puntos importantisimos ante un rival directo con un marcador final máis cómodo do esperado (47-34).
Bo partido dos locais que augura dentro de unhas semanas un excelente encontro entre o Ifecgas Pereira e a Esc. Mpal. de Camariñas, onde previsiblemente o equipo gañador será o que acade o primeiro posto do campionato.
