CALVO XIRIA 34 – BM. INZAMAC ZAMORA 31
1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 18 12/02/2011 CALVO XIRIA 34 – BM. INZAMAC ZAMORA 31 Calvo Xiria 35 (21+13): Iago [p/6 paradas], Ramón (3), Ángel (2), Álex García (2), Dubra…
1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 18
12/02/2011 CALVO XIRIA 34 – BM. INZAMAC ZAMORA 31
Calvo Xiria 35 (21+13): Iago [p/6 paradas], Ramón (3), Ángel (2), Álex García (2), Dubra (4), Manu (2), Jesús (2) -equipo inicial- Kike[p/5 paradas], Pablo (9/5 p), Christophe (3), Borja (6), Fer, Álex Zas (1), Naya [p].
Bm. Inzamac Zamora 31 (14+17): Bolly [p], Fernando (2), Peli (9/3p), Octavio (4), Litus (5), José Manuel (6), Carletes (3) -equipo inicial- Óscar [p], Berto, Guille (2), Iñaki, Sandín..
Colexiados: Jesús Álvarez Méndez e Jesús García Gavilán (Federación Territorial de Asturias). Sinalarón 4 exclusións para o Xiria e 3 para o Zamora. Excluiron polo Calvo Xiria a Ramón (en 2 ocasións), Borja e Álex Zas. No equipo de Zamora foron excluidos Iñaki (2 veces) e Fernando.
Marcador: 3-4, 6-5, 9-8, 13-10, 17-12, 21-14 (descanso); 23-17, 25-18, 27-20, 28-26, 30-27, 34-31 (final).
7 metros: Calvo Xiria: 5 / 5 ### Bm. Inzamac Zamora: 3 / 3
O Calvo Xiria impúxose por 34–31 ao Bm. Inzamac Zamora en partido pertencente á 18ª xornada de liga na 1ª Divisón Estatal. Esta vitoria, unida ao tropezo do Nován ante o Chapela, aupa ao Calvo ao segundo posto da táboa, postoición que ao remate da liga dará acceso a disputar a fase de ascenso a División de Honra Prata.
O encontro comezaba con un intercambio constante de goles, as defensas non existían en ningún dos dous conxuntos o que deixaba aos metas vendidos ante as ofensivas rivais. Ataques que se sucedían de xeito rapido e pouco elaborados posto que os atacantes atopaban situacións doadas para perforar a meta rival. Isto provocou que o técnico local, Marcos Rodríguez, tivera que solicitar un tempo morto con tan só 5 min, disputados e cando o electrónico sinalaba un 3-4 a prol dos visitantes. O Calvo comeza a mellorar as súas prestacións defensivas e consigue poñerse por diante con rendas curtas pero o Zamora volve a conseguir a igualada, 8-8 no min. 13. A partir dese intre os carballeses axustan a súa defensa e aumentan a intensidade, unido a 3 meritorias paradas consecutivas do meta Iago, o que fai que recuperen multiples balóns que convierten en gol con facilidade, acadando un parcial na segunda metade deste primeiro acto de 12-6, que fai que se chegue ao intermedio con 7 goles de renda, 21-14, que auguraba unha segunda metade tranquila para o equipo de Carballo.
No reinicio todo continuou polos mesmos derroteiros ata mediado este segundo acto. No min. 45 o Xiria continuaba mantendo una vantaxe de 7 tantos, 27-20. Pero todo cambiou nos derradieros 15 min.. O Bm Zamora plantexou unha defensa mixta sobre os primeiras liñas carballesas Pablo e Borja, situación defensiva que se lle atragantou aos carballeses que, ataque tras ataque, cometían numerosos erros, tanto no lanzamento, varios deles con meritorias paradas do meta visitante, como na perda de balóns, que propiciban goles fáciles dos zamoranos que, en 6 min., lle facían aos carballeses un parcial de 7-1, que os metía de novo no encontro con un tanteo de 28-27 a falta de 9 min. para o remate do choque. Os últimos minutos transcorreron na igualdade, con rendas de entre 1 e 3 goles a prol do Xiria, que soubo manexar mellor este último tramo do encontro apoiado en varias intervencións do meta Kike.
Na vindeira xornada o Calvo Xiria viaxa ata Redondela para medirse, o sábado ás 18.30 na Bombonera, a un Peguform S.A.R. moi necesitado de puntuar se quere manter opcións de evitar o descenso.