Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 36 – CAIXANOVA OAR 32

Garaysa Xiria: 36 (18+18): Jorge, Buño, Daniel García (2), Gabriel, Iván Campos (11), Raúl (2), Diego (4), Lolo (4), Alejandro, Iván Calvo, Enrique (14). Caixanova OAR: 32 (14+18): Iago, Diego,…

Garaysa Xiria: 36 (18+18): Jorge, Buño, Daniel García (2), Gabriel, Iván Campos (11), Raúl (2), Diego (4), Lolo (4), Alejandro, Iván Calvo, Enrique (14).

Caixanova OAR: 32 (14+18): Iago, Diego, Francisco, Manuel (5), Carlos (3), Mario, Brais, Gonzalo (2), Daniel (4), Pablo (5), Javier, Diego, Álex (1), Nacho (12).

Colexiado: Pablo González

O Garaysa Xiria volvía á competición, logo de descansar na anterior xornada, medíndose ao dunha semana de descanso, e facíao fronte ao OAR, un rival directo na loita polas primeiras prazas. Tratábase dun encontro moi importante para os intereses do Xiria, que necesitaba os puntos para non descolgarse dos primeiros clasificados, que lle sacan 4 puntos aos de Carballo, ademais existían certas ansias de revancha tras o vivido no partido da primeira volta, onde os de Carballo perderon o encontro por un só tanto encaixado a 3 segundos do final logo de ir todo gañando durante todo o partido.

O choque comezou cun Xiria moi motivado que tentaba impoñer o seu alto ritmo de xogo fronte a un OAR esmerado en tarefas ofensivas. Pronto chegaron as primeiras vantaxes no marcador a prol dos locais, froito da boa continuidade en ataque e dunha acertada selección de lanzamento. Pero o poder ofensivo do OAR facía complicado abrir máis brecha no electrónico, os pequenos desaxustes na 3-1-2 eran ben aproveitados polo equipo herculino que non baixou a garda pese a ir por debaixo durante case toda a primeira metade. Varios cortes de balón propiciados por unha mellor actitude defensiva fixeron que a vantaxe para o Garaysa alcanzara os 4 goles ao remate dos primeiros 25 minutos, 18-14.

Tras a reanudación, o OAR realizou pequenos axustes defensivos e saíu con moitas ganas de cambiar o sino do encontro. Así, aos 4 minutos da segunda metade, o Xiria xa perdera toda a vantaxe acadada. Pero lonxe de caer froito dos nervios, o Garaysa mantivo a calma en ataque e apretou na defensa, volvendo así a colocarse con vantaxe. Achegándose o remate do encontro o OAR tentou recurtar diferenzas cunha defensa individual dende o medio campo, situación perfectamente solventada polos xogadores do Xiria a través dunha gran mobilidade e acerto na elección dos pases. O equipo visitante non tardou en retornar a súa defensa habitual permitindo ao Garaysa manexar mellor o ritmo dos últimos minutos, que discorreron sen máis historia. Ao remate 4 goles arriba para o Xiria que ademáis de sumar dous puntos moi importantes logra ganarlle tamén a golaveraxe particular, que pode resultar decisivo nesta liga tan axustada que estamos a vivir

Noraboa polo esforzo empregado e agardamos que esta racha de vitorias, 7 xornadas seguidas sen perder, dea folgos ao equipo e lle faga crer que con traballo todo é posible.

Na vindeira xornada o Garaysa Xiria viaxa ata Pontevedra para enfrontarse, sábado ás 12.15 h na pista do Centro Galego de Tecnificación Deportiva da Xunta de Galicia, ao Club Cisne de Balonmán.