CALVO XIRIA 34 – BM. PABELLÓN OURENSE 11

Crónica do Calvo Xiria – Pabellón Ourense
Manuel Rey / 21 Outubro 2013
LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 5

CALVO XIRIA 34 – BM. PABELLÓN OURENSE 11
Calvo Xiria 34 (14+20): Iago [p], Ramón (1), Sergio (1), Zas (4), Mario, Manuel (6), Pablo (7) -equipo
inicial- Martín G.[p], Naya [p], Calvete (5), Brais (6), Rubén (2), Martín A. (2).

Bm. Pabellón Ourense 11 (5+6): Diego [p], Juan, Alejandro (3), Alberto (3), Francisco (2), Ruíz (1),
Borja – equipo inicial – Rubén [p], Noguerol (1), Jorge, Julio, Xurxo, David (1), Víctor.

Colexiados: Lucas Crespo Gómez e Pablo Álvarez Vázquez do colexio galego. Excluíron aos xogadores
visitantes Juan (34´) e Alejandro (55´).
Marcador: 1-1, 3-2, 6-3, 8-3, 9-4, 14-5 (descanso); 14-7, 19-7, 23-8, 26-9, 28-10, 34-11 (final).
7 metros: Calvo Xiria: 6 / 6 ; Bm Pabellón Ourense: 1 / 1
INCIDENCIAS: 300 seareiros no Vila de Noia.

Pouca historia tivo o partido que enfrontou este sábado ao Calvo Xiria co Bm. Pabellón Ourense, equipo debutante na categoría. O resultado final de 34 a 11 deixa ben claro a diferenza que houbo o sábado entre os dous conxuntos.
O partido durou o que o Calvo tardou en afinar a súa puntería, xa que dos primeiros oito lanzamentos errou sete, todos dende situacións moi cómodas. As intervencións do gardameta visitante impediron que dende o inicio puxese terra de por medio o cadro local, xa que no eido defensivo hoxe o seu nivel foi sobresaínte. Dende o momento no que os xogadores verdibrancos afinaron un pouco nos seus lanzamentos as diferenzas non fixeron senón medrar. O segundo acto non variou o guión. De novo un Calvo Xiria cometeu erros nos cinco primeiros
minutos que se traduciron nun parcial de 2 – 0 favorable aos visitantes. Mais cando volveu a traballar con intensidade e concentración o resultado foi o mesmo que na primeira metade.

A vindeira fin de semana o Calvo Xiria desprazarse a Vigo para xogar ante o Granitos Ibéricos,
no Pavillón de Carballal o domingo ás 12:30 horas.