Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

S.A.R. 24 – E.B. Xiria 24

División de Honra Xuvenil Masculino SAR Plastic Omnium 24 (14+10): Couñago. Grande (5), Vidal (5), Carreira (5), Ferreira (5), Docampo (4), Orge – Equipo inicial – Puga, Cabaleiro, Araujo, Outón,…

División de Honra Xuvenil Masculino

SAR Plastic Omnium 24 (14+10): Couñago. Grande (5), Vidal (5), Carreira (5), Ferreira (5), Docampo (4), Orge – Equipo inicial – Puga, Cabaleiro, Araujo, Outón, Portela, Mosquera, Lago.

E.BM.Xiria 24 (11+13): Jorge, Dani (4),Lolo(3),Enrique(6),Iván(5),Diego(1), Julián(2) – Equipo inicial – Alberto, Oscar(1), Buño, Cristian(1), Calvo, Gabriel, Pereira(1).

O equipo xuvenil de E.BM.Xiria, viaxaba a Redondela coa intención de refrendar o seu bo inicio de liga, pero este pasado fin de semana tocou a de area e os de Carballo firmaron a sua peor actuación no que vai de campionato.

O encontro comenzou cun ritmo moi baixo dos bergantiñáns, quizáis debido a un exceso de confianza polas boas actuacións anteriores. O certo é que a falla de intensidade e de atención derivaban en erros de pase e recepción que facían que o partido fose un correcalles nos primeiros minutos. As tomas de decisión por parte dos lanzadores de ambos equipos, tampouco estaban a ser as máis acertadas e isto propiciaba un marcador certamente curto no inicio (4-2 minuto 10). O equipo Redondelán, foi o primeiro en axustar os seus erros e de asentarse no 40×20, feito que lles levou a aproveitar as perdas que seguían a cometer os de Xiria para distanciarse no marcador grazas ós contraataques en primeira oleada. O balance defensivo no funcionaba nos visitantes e o exterior da SAR, facía dano en repetidas ocasións saíndo como unha bala dende o seu posto defensivo. O marcador do descanso (14-11) amosaba perfectamente a superioridade dos de casa fronte a un conxunto, o carballés, descoñecido por completo nos primeiros trinta minutos.

Na reanudación, o Xiria saíu con máis corazón, algo máis de intensidade, aínda que seguían atascados no xogo, pero, aquel feito foi suficiente para que, apoiados na súa defensa, os xogadores de Carballo tardaran apenas dez minutos en igualar o envite (16-16). As alternativas sucedíanse a partires de este intre, pero os carballeses, conseguían chegar os minutos finais con vantaxe no marcador. O último minuto foi de infarto. O Xiria gañaba de un e tiña o balón no seu poder para atacar e sentenciar definitiamente o partido, pero de novo a precipitación e a mala selección de lanzamento deron ó traste con esa oportunidade, cousa que non fixo o conxunto local, xa que, con trinta segundos para finalizar o encontro, aproveitou unha situación de lanzamento dende o extremo provocada por un erro defensivo dos visitantes que significaba o empate final (24-24).

Este punto que viaxa a Carballo, coloca os de Xiria segundos na taboa clasificatória con cinco, a espera de recibir no derbi da semana que ven ó Artabro, xustamente cos mesmos puntos que os carballeses e un posto por debaixo na clasificación, inda que con un partido menos. Moito deberán mellorar as prestacións dos bergantiñáns se queren batir aos da Coruña e seguir nos postos máis altos da táboa clasificatoria.

O encontro disputarase o próximo Domingo 20/10/13 as 12:45 no pavillón Carballo Calero (Zona Bergantiños) de Carballo.