LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 7
05/11/2011 CALVO XIRIA 34 – PARAXE CONSTUCCIONES 33
Calvo Xiria 34 (15+19): Iago[p], Cuco (1), Álex García (2), David (8), Dubra (4), Jesús (3), Manu (2) -equipo inicial- Kike[p], Pablo (8, 2 de 7 metros), Ramón (2), Sergio (2), Miguel (2), Ángel, Álex Zas.
Paraxe Construcciones 33 (19+14): David[p], Chema (6, 4 de 7 metros), Rubén (3), Ángel (3), Roberto (7), Pablo (10), Decu (1)-equipo inicial- Celti [p], Fran, Cuadrado (3), Anxo, Ramón, Adrián, Sergio.
Colexiados: Fernando e Pedro Eiras Abalde Excluíron ao local Alex García (19´, 58´), tamén aos xogadores visitantes Decu (23´), Ángel (34´, 40´ e 59´) e Rubén (44´).
Marcador: 2-2, 4-7, 6-10, 9-14, 11-17, 15-19(descanso); 21-22, 24-24, 30-25, 31-29, 32-31, 34-33 (final).
7 metros: Calvo Xiria: 2 / 3 ### Paraxe Construcciones: 4 / 4
Emocionante encontro o disputado o sábado no Pavillón Vila de Noia entre o Calvo Xiria e o Paraxe, e que se decidiu nos derradeiros segundos, nos que os carballeses marcaron para deixar o marcador no definitivo 34 – 33.
Logo de cinco minutos de tanteo entre os dous equipos o Paraxe tomou a iniciativa e comezou a marcar diferenzas que chegaron a ser de sete goles (10-17 no minuto 22 de partido) baseándose na capacidade de lanzamento de Pablo e no traballo na línea de seis metros de Rubén e Cuadrado. Foron minutos nos que os carballeses non atopaban solucións na súa defensa. Pola contra os xogadores de Chapela facían da súa parecela defensiva un fortín, aproveitando a permisividade arbitral nos contactos, moitas veces máis alá do regulamentario. So unha pequena reacción en superioridade numérica permitiu que a diferenza no descanso se recutarse ata os catro goles que deixaban aberto o partido.
Á volta dos vestiarios o Calvo pareceu tomar nota de que só elevando o nivel defensivo ata o listón que puxeron os colexiados tería opcións de tirar algo positivo deste encontro. Cunha defensa moito máis agresiva e coa mesma dureza que a do Paraxe foi limando a desvantaxe no marcador. Uniuse un bache dos chapeleiros que non foron quen de seguir o ritmo durante os primeiros quince minutos da segunda parte que se pechou cun parcial de 15 – 5.
Mais non rematara aínda o partido, unha serie de erros no ataque carballés devolveu a vida ao Paraxe que chegou a empatar o encontro. Os derradeiro dez minutos foron das defensas (só sete goles entre os dous equipos) e non estaba claro cara onde caerían os puntos. Faltando pouco máis dun minuto, cun 33-32 no marcador, o Calvo sufre a exclusión de Álex García e o ataque do Paraxe remata en gol. Con pouco máis de trinta segundos por xogar o marcador de 33-33 tiña en vilo ao numeroso público presente no Vila de Noia. Unha exclusión ao cadro de Chapela deixaba a igualdade na pista e dez segundos para dilucidar que pasaría. Logo dun tempo morto o balón foi ás mans de David, quen foi capaz de marcar no 59´55´´, quedando os puntos en Carballo.
A vindeira xornada o Calvo Xiria viaxa o domingo a Cangas para xogar a 8ª xornada dunha liga que está a presentarse moi igualada e entretida.