GARAYSA XIRIA 38 – LA ROSALEDA 1197 BM. LALÍN 32
Garaysa Xiria: 38 (20+18): Jorge, Buño, Daniel García (5), Gabriel (2), Iván Campos (5), Raúl (4), Diego (8), Lolo (3), Alejandro, Iván Calvo, Enrique (10). La Rosaleda 1197 Bm. Lalín:…
Garaysa Xiria: 38 (20+18): Jorge, Buño, Daniel García (5), Gabriel (2), Iván Campos (5), Raúl (4), Diego (8), Lolo (3), Alejandro, Iván Calvo, Enrique (10).
La Rosaleda 1197 Bm. Lalín: 32 (13+19): Iago, Pablo, Román (12), Arón, Javier (3), Antonio, Manuel (3), Adrián (2), Andrés (5), Álvaro (1), Brian (6), Jonathan.
Colexiado:Sergio Rodríguez.
O Garaysa Xiria tiña unha dobre cita en Carballo esta fin de semana, xa que había xornada de liga o sábado e o domingo. No primeiro dos encontros recibía ao Balonmán Lalín, que chegaba como 1º clasificado, un dos mellores conxuntos da categoría tras o visto na primeira volta da competición.
O encontro comezou con un Xiria moi intenso en tarefas defensivas, provocando erros no rival dende o primeiro minuto e facilitando a saída ao contraataque,. Un bo arranque que ía constituir a primeira vantaxe para o Garaysa. O Lalín víase ofuscado en ataque, a súa gran baza, froito da gran intensidade nas disuasións e nos apoios da defensa carballesa. Así, pouco a pouco, ía crecendo a vantaxe para os locais. O 20-13 do descanso deixaba patente o bo traballo e a superioridade ante un gran rival como é o Bm. Lalín, pero aínda quedaba moito tempo e para deixar os dous puntos na casa había que manter o nivel acadado nos primeiros 25 minutos.
No inicio da segunda metade o Lalín saíu moi forte, axustaron a súa defensa e xogaron con máis claridade en ataque, pero, aínda así, o Garaysa non estaba disposto a deixar ir os 7 goles de diferenza que tiña acadados. Con moito esforzo e traballo logrou superar o empuxón inicial e, incluso, aumentar a renda ata os 11 goles, axudados por Jorge dende a portería que foi un auténtico muro para os lanzamentos dos rivais e aportou moita seguridade á defensa do Xiria. O Lalín, consciente da necesidade, toma a arriscada decisión de cambiar a defensa individual a todo o campo no min. 10 desta segunda metade, o que sorprendeu ao ataque do Xiria e provocou varios erros de pases consecutivos. Aos do Deza saíulles ben o troco e en cousa de 2 minutos meteron o medo no corpo aos locais colocándose a 6 goles, pero un tempo morto do Garaysa fíxolles reaccionar a tempo e, con moita mobilidade en ataque, conseguiu superar a defensa individual e anotar varios goles que fixeron que o Lalín volvese a cambiar á súa defensa de inicio. En definitiva, gran partido dos de Carballo que deixan patente que con bo traballo e esforzo poden ganarlle a calquera equipo.
Ao remate do encontro o marcador arroxaba unha renda de 6 goles para o Garaysa Xiria, 38-32, que lle da dous puntos de ouro para seguir aferrado ás primeiras prazas do campionato.