Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CALVO XIRIA 35 – OAR CORUÑA 34

XORNADA 15 17/01/2009 CALVO XIRIA 35 – OAR CORUÑA 34 Calvo Xiria 35 (17+18): Quique, Cuco (1), Ángel (7), Jesús (2), Pablo (5), David (10), Dubra (3) -equipo inicial- Iago,…

XORNADA 15

17/01/2009 CALVO XIRIA 35 – OAR CORUÑA 34
Calvo Xiria 35 (17+18): Quique, Cuco (1), Ángel (7), Jesús (2), Pablo (5), David (10), Dubra (3) -equipo inicial- Iago, Álex (1), Borja, Chimpo (6), Ramón, Manuel e Pombo.

OAR Coruña 34 (14+20): Abel, Daniel, Miguel (6), Yoel, Joaquín (1), Martín (3), Avelino (12) -equipo inicial- Merino (1), Victor, Alberto, Suárez, Nano (10), Iván, Fabián (1).

Colexiados: Sres. Cáceres e Vázquez de Prada,

Parciais: 3-3, 7-3, 9-6, 13-9, 16-11, 17-14, 19-17, 23-20, 26-22, 29-26, 32-29, 35-34.

Votou a andar o Calvo Xiria despois do parón do Nadal disputando a xornada 15ª da liga de 1ª Estatal, a primeira xornada da segunda volta aprazouse por mor da solicitude feita ao Comité de Competición por parte do Ademar de León e que fará que o Xiria teña que desprazarse a terras leonesas o mércores nunha categoría de carácter non profesional.

Nesta xornada tocáballe coma rival o OAR da Coruña, na primeira volta o resultado fora de empate a 26, máis a situación dos dous equipos mudou moito dende aquela e o Xiria chegaba moi necesitado de puntos. O resultado final 35 a 34 co que os dous puntos quedaron en Carballo no que debería de ser o principio da reacción dos carballeses para se achegar a postos libres da tensión do descenso.

Os primeiros cinco minutos foron de tanteo entre dous rivais que se teñen moito respecto o que se transformou en amosar as armas de cada un de eles: as individualidades do OAR e a aposta dun xogo rápido e aproveitando os puntos débiles do seu rival por parte do Xiria. Pouco a pouco impúxose o colectivo ás individualidades e o Calvo acadou diferenzas de entre tres e seis goles que mantivo practicamente ata os derradeiros tres minutos.

Por unha parte Nano e Miguel mantiñan ao cadro herculino na pelexa polos puntos coa colaboración de Avelino nos lanzamentos de sete metros (dos doce goles que conseguiu oito foron dende o punto de penalti) apoiados sempre en situacións de superioridade numérica –nove en todo o encontro por catro favorables aos locais-. Pola outra a velocidade nas transicións do equipo do Calvo facíanlle acadar goles de xeito cómodo aproveitando o tempo que tardaban en chegar a defender os xogadores coruñeses que máis participaban en ataque, feito que fixo recordar o xogo que efectuaba o seu rival no ano que acadou o ascenso a División de Honra “B”.

Con este panorama se chegou aos minutos finais. Foi nestes intres cando a situación apurada do Calvo na táboa lle pasou factura e fixo que non tivese a clarividencia necesaria nas posesións de balón finais. Un último esforzo na derradeira defensa carballesa rematou coas opcións do OAR de acadar nada positivo neste encontro. Por parte do Calvo Xiria sería inxusto destacar a un xogador por enriba de outro pois os puntos foron froito do que cada un deles sumou ao colectivo tanto en defensa coma en ataque.