Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

FASE FINAL COPA GALICIA

Esta fin de semana, sábado 3 e domingo 4 de setembro, dispútase, no Pavillón Municipal Vila de Noia (Zona Escolar) de Carballo, a fase Final da Copa Galicia 2011. Na…

Esta fin de semana, sábado 3 e domingo 4 de setembro, dispútase, no Pavillón Municipal Vila de Noia (Zona Escolar) de Carballo, a fase Final da Copa Galicia 2011. Na tarde do sábado xoganse as semifinais e na mañá do domingo a final e o encontró polo terceiro e cuarto posto.

Participarán o Academia Octavio de Vigo, equipo da Liga Asobal, que eliminou para chegar ata aquí ao Atlético Novás, a Sociedade Deportiva Teucro de Pontevedra, da División de Honra Prata, que se desfixo do Paraxe Construcciones Bm. Chapela, o Frigoríficos do Morrazo Cangas, tamén da División de Honra Prata, que eliminaba ao Cangas B e ao Bm. Porriño, e o equipo anfitrión, o Calvo Xiria, da 1ª División Estatal, que eliminou ao Bm. Camariñas e ao Bm. Cisne para clasificarse por primeira vez na súa historia para esta fase.
Os enfróntamentos de semifinais son S.D. Teucro – Cangas Frigoríficos do Morrazo (18.00 h) e Academia Octavio – Calvo Xiria (20.00 h).

Ao Calvo Xiria tocoulle en sorte medirse ao rival máis potente, un Octavio, campión de liga a pasada campaña na DHP o que lle dou o pasaporte directo para xogar esta campaña na liga Asobal. Feito histórico para o equipo carballés que se medirá por primeira vez con un equipo de Asobal en competición oficial. O equipo vigués, que prepara Quique Domínguez, ven de gañar a pasada fin de semana Copa Deputación de Pontevedra e conta nas súas ringleiras con xogadores da talla de Javi Díaz, Leo Maciel, Rafa Dasilva, Polakovic, Cerillo, Macías, Raúl Nantes, Jabato, Vico, Fran González, Frade, Cerqueira, Moledo, Cacheda, etc, un equipón.

O Calvo Xiria, que a priori parte con desvantaxe, tentará dar a sorpresa. Ilusión e gañas non lle faltan a una plantilla composta exclusivamente por rapaces de Carballo saídos das súas categorías de base. Ademais terá un factor moi importante ao seu favor: o apoio dos seus incondicionais da Zona Escolar, A Morea Verde que a bo seguro non deixarán de dar azos e animar durante os partidos. Marcos Rodríguez non poderá contar co pivote Ramón, un dos baluartes defensivos do equipo, por problemas físicos e ademais tamén é dúbida Sergio con molestias nun pe. Quen si podería entrar na convocatoria é o xuvenil Miguel, que non puido actuar nas dúa eliminatoria anteriores.

Na outra semifinal enfróntanse outros dous equipos histórico, o Teucro e o Cangas, dous equipos que a pasada campaña disputaron a fase de ascenso a Asobal pero que finalmente non acadaron o premio. Na S.D. Teucro, adestrada por un vello coñecido, o ex-técnico do Xiria Javier Barrios, ademais teremos o aliciante de poder disfrutar co xogo de dous cracks saídos da canteira do Xiria, os extremos carballeses Carlos García e Alberto Salgado. Un equipo pontevedrés moi renovado para esta campaña e que aposta pola xuventude. O Cangas, con varios xoves valores da súa canteira en plantel, conta con xogadores importantes como os metas Kevin e Santana, Suso Soliño, Pablo Sánchez, David García, Eijoo, Lasiça e Chystabayeu.

Para o domingo quedan as finais. Ás 11.00 h o partido polo terceiro e cuarto posto e ás 13.00 h a gran final. Sería espectacular que un destes duelos fose un Calvo Xiria – Teucro, onde poderíamos ver a 18 rapaces de Carballo, da canteira do Xiria, sobre o parqué da Zona Escolar.