Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CALVO XIRIA 36 – PARAXE CONSTRUCCIONES 27

1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 14 15/01/2011 CALVO XIRIA 36 – PARAXE CONSTRUCCIONES 27 Calvo Xiria 36 (18+18): Iago [p], Cuco (2), Borja (6), Jesús (4), Pablo (10), Manu (1),…

1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 14

15/01/2011 CALVO XIRIA 36 – PARAXE CONSTRUCCIONES 27
Calvo Xiria 36 (18+18): Iago [p], Cuco (2), Borja (6), Jesús (4), Pablo (10), Manu (1), Dubra (2) -equipo inicial- Kike[p], Alex (1), Christophe (3), Fernando (2), Zas (3), Ramón e Ángel (2).

Paraxe Construcciones 27 (13+14): Koustov [p], Chema (7), Rubén (1), Pablo Casal (5), Pablo Vidal (3), Marcos (3), Roberto (3) – equipo inicial- Pablo [p], Iago (4), Abilleira, Ángel e Miguel (1).

Colexiados: Gheorghe Axancinc e David Soriano Gil (Federación Territorial de Madrid). Excluíron a Manu (min. 21), Ángel (min 40), Alex (min 43), Pablo (min. 51) e ao adestrador Marcos Rodríguez (min 51) no equipo local. Tamén foron excluídos Iago (min. 13 e 36), Marcos (min. 20), Pablo Vidal (min. 37), Roberto (min. 47 e 56) e Pablo Casal (min. 58) no equipo visitante.

Marcador: 3-1, 6-2, 9-4, 11-6, 15-11, 18-13 (descanso); 21-15, 23-17, 25-18, 31-19, 32-23, 36-27 (final).

7 metros: Calvo Xiria: 5/5 ### Paraxe Construcciones: 2/2
Iniciou a segunda volta da LIGA DE PRIMEIRA ESTATAL MASCULINA o Calvo Xiria ante o Paraxe Construcciones, equipo que na primeira xornada se impuxera aos carballeses por un claro 29 – 23 nun partido que non tivera máis cor que a do equipo local. Non semellaba para o Xiria a máis doada das opcións para voltar ao camiño da vitoria logo de acadar un único punto nos últimos tres partidos antes do parón do Nadal.

Mais dende o pitido inicial viuse ben ás claras que o conxunto carballés non ía dar tantas facilidades aos xogadores do Chapela coma aló polo mes de setembro. O mando no marcador e no xogo foi do Calvo durante a maior parte do encontro e só nas situacións de superioridade numérica foi superado polo seu rival. O Calvo Xiria baseou o resultado no colectivo –dos doce xogadores de campo alineados once conseguiron marcar algún gol-.

O xogador máis desequilibrante no partido disputado en Chapela –e en todos os enfrontamentos recentes na categoría de bronce do balonmán español-, o porteiro Igor Kustov nos puido coa selección de lanzamento do Xiria, tampouco a defensa visitante axudou ao seu gardamallas, véndose superada pola velocidade na circulación de balón e xogadores locais. Mentres pola contra Iago que disputou os sesenta minutos no marco carballés tivo unha destacada actuación –sobre todo nos primeiros trinta minutos, aportando solidez á defensa carballesa-, que co paso dos minutos foi medrando en intensidade e acerto ata impedir acadar aos artilleiros do Chapela posicións cómodas para perforar o marco local.

Non afrouxou o ritmo o cadro carballés ata o pitido final, acadando unha merecida vitoria que insufla moral para a visita que ten que render ao Cafés Toscaf, equipo que logo dun mal inicio de liga leva colleitados oito puntos de xeito consecutivo. O partido dispútase o sábado ás 18.00 h no Pavillón da Magdalena en Avilés.