VIPECÓN XIRIA 41 – S.D. OCTAVIO VIGO 26
Vipecón Xiria: 41 (19+22): Zúpez, Martín (11), Edu (7), Jorge (4), Álex, Rubén (1), Javi (9) -equipo inicial- Cristian(1), Miguel, Alberto, Julián (4), Marc, Rubén Anes (1), Calvete (3). S.D.…
Vipecón Xiria: 41 (19+22): Zúpez, Martín (11), Edu (7), Jorge (4), Álex, Rubén (1), Javi (9) -equipo inicial- Cristian(1), Miguel, Alberto, Julián (4), Marc, Rubén Anes (1), Calvete (3).
S.D. Octavio Vigo: 26 (13+13): Pedro, Iván (5), Antón (5), Pablo (5), Del Rio (4), Álex (3), Miguel (2) -equipo inicial- Dani (2), P. López, Rogelio, Pedro, Cruz, Xurxo, Andrés, P. Gil.
Colexiados: Abel Juncal e Francisco Soliño.
Unha vez máis, o Vipecón Xiria demostrou o seu bo facer e deixou moi claro a súa superioridade fronte aos de Vigo, equipo perigoso que se pode destapar como xuíz da liga.
Os de Xiria deleitaron ás bancadas con un balonmán de altos vos: concentración, intensidade, velocidade, etc…, deixando, dende o inicio, ben patente a diferenza entre ambas escadras na actualidade. Mediada a primeira metade, o partido xa estaba roto a prol dos carballeses. A súa defensa non deixaba lanzamentos comodos dos visitantes e a portería estaba pletórica, os rápidos contraataques facían o resto para acumular xa unha vantaxe importante no intermedio, 19-13, ante equipo vigués que non era quen de seguir o ritmo dos locais.
Na reanudación, os rapaces do Vipecón non baixaron a súa intensidade. Os ataques posicionais eran moi solventes, a mobilidade de todos os xogadores, as respostas e a solidariedade falaban dun equipo maduro e traballador e que practica un preciso e precioso balonmán. As bancadas vibraban cos xogadores por tal espectáculo e agradecían a enorme entrega con sonoros aplausos.
No remate, moita satisfacción polo 41-26 e sobre todo pola forma en que se conseguíu. Este resultado permite aos de Carballo rematar a primeira volta do campionato na segunda posición a tan só un punto do primeiro clasificado, Bm Lalín, e inmerso, por meritos propios, na loita polo título.
Na vindeira xornada, o Vipecón Xiria volta a xogar na casa, na estrea da segunda volta da competición. Os carballeses reciben o domingo ás 10.30 h no Carballo Calero ao Balonmano Porriño, colista da competición.