Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CLUBE BALONMÁN TUI 21 – GARAYSA XIRIA 40

Clube Balonmán Tui (14+7): Josué (5), Jacobo, Adrián (1), Jonathan, Carlos, Xián, Luis (9), Alfaro, Manuel, David (4), Fabián (2), Yoel. Garaysa Xiria 40 (20+20): Jorge, Buño, Daniel García (4),…

Clube Balonmán Tui (14+7): Josué (5), Jacobo, Adrián (1), Jonathan, Carlos, Xián, Luis (9), Alfaro, Manuel, David (4), Fabián (2), Yoel.

Garaysa Xiria 40 (20+20): Jorge, Buño, Daniel García (4), Gabriel (3), Iván Campos (6), Raúl (5), Diego (6), Lolo (9), Alejandro (1), Iván Calvo (3), Enrique (3)

O Garaysa Xiria estreaba o ano cunha longa viaxe ata a localidade fronteriza de Tui, onde se enfrontaba a un equipo local que, pese a estar na zona baixa da táboa, ten xogadores de gran nivel, algún deles ven de participar coa Selección Galega Infantil no Campionato de España ao igual que os carballeses Iván Campos, Enrique Pena e Dani Buño, xogadores do Garaysa Xiria.

O encontro comezou bastante pausado, con un ritmo lento e unha intensidade lonxe da que o Xiria nos ten afeitos, pero, pese a todo, non tardaron os de Carballo en tomar vantaxe no marcador. Así transcorría a primeira metade, cun Tui que se mantiña vivo grazas á capacidade anotadora do seu lateral esquerdo, pero que en defensa suaba tinta para deter o gran potencial dos carballeses, moito máis centrados en tarefas ofensivas que na defensa, punto forte e peza clave no xogo do Garaysa.

O 14 -20 ao fin da primeira metade é mostra clara do visto no terreo de xogo. Pero ao Xiria sentoulle moi ben o descanso e afrontou a segunda metade co obxectivo de mellorar a defensa e reducir o número de goles encaixados. E así foi, a intensidade amosada daba os seus froitos de forma inmediata e os roubos claros de balón facilitaban os contraataques. Pouco a pouco, o marcador ía amosando a diferenza real entre ambos conxuntos.

Un dato importante foi que na primeira metade o Xiria encaixou 14 goles mentres no segundo tempo soamente a metade, 7. En ataque foron 20 goles en cada tempo, aínda que na segunda puideron ser máis de non ser polos numerosos erros de lanzamento.

21-40 ao remate no derradeiro partido da primeira volta para o Garaysa, posto que na vindeira xornada, última da 1ª volta , ao equipo carballés tócalle descansar.

O próximo encontro, dentro de dúas fins de semana, traerá ao líder, o Bm. Lalín, a Carballo, nun gran partido no que estamos seguros de que o Xiria amosará a súa mellor cara dende o minuto 0, pero iso será a final de mes xa que como dixemos a vindeira fin de semana o noso equipo descansa. Moita sorte e a seguir traballando.