CALVO XIRIA 36 – R.G.C. COVADONGA 24

XORNADA 25

27/03/2010 CALVO XIRIA 36 – R.G.C. COVADONGA 24
Calvo Xiria 29 (17+19): Kike (p, 9 pdas./2 de 7m); Cuco (2), Ramón (2), Christophe (3), Alberto (9), Iván (2), Dubra (2) –equipo inicial- Iago (p, 12 pdas./1 de 7m), Pablo (6/ 2 de 7m), Manu (5/ 1 de 7m), Jesús (4), Chimpo (1), Ángel e Álex Zas.

RGC Covadonga 24 (11+13): Emilio (p, 9 pdas./1 de 7m); Carlos Rubio (4), Carlos Macho (8/ 1 de 7m), Santoyo, Diego (2), Sergio García (7), Castaño (1) -equipo inicial- Héctor Cancio (p, 5 pdas.), Héctor Iglesias, Álvarez, Suárez e Medina (2).

Colexiados: Vanesa Pérez Domínguez (Galicia) e Marcos Pérez Outeda (Galicia). Excluíron a Christophe (min. 9) e a Alberto (min.16) polos locais e a Macho (min.25), Rubio (min.54) e a Medina (min. 58) polos visitantes.

Parciais: 1-1, 3-3, 7-6, 10-8, 13-9, 17-11 (Descanso) 21-14, 25-16, 29-18, 30-21, 32-23, 36-24 (Final).
Primeiro tempo: 1-0 (Alberto), 1-1 (Macho), 2-1 (Dubra), 2-2 (Castaño), 2-3 (Macho/ de 7m), 3-3 (Pablo), 4-3 (Pablo/ de 7m), 4-4 (Diego), 5-4 (Cuco), 5-5 (Macho), 6-5 (Cuco), 6-6 (Sergio), 7-6 (Iván), 7-7 (Rubio/ de 7m), 8-7 (Pablo), 9-7 (Pablo), 9-8 (Sergio), 10-8 (Dubra), 10-9 (Medina), 11-9 (Alberto), 12-9 (Alberto), 13-9 (Alberto), 14-9 (Pablo/ de 7m), 14-10 (Rubio), 15-10 (Christophe), 15-11 (Sergio), 16-11 (Christophe), 17-11 (Alberto).
Segundo tempo: 18-11 (Manu), 18-12 (Sergio), 19-12 (Alberto), 19-13 (Macho), 20-13 (Manu), 20-14 (Macho), 21-14 (Pablo), 21-15 (Macho), 21-16 (Sergio), 22-16 (Chimpo), 23-16 (Manu), 24-16 (Alberto), 25-16 (Manu), 25-17 (Medina), 26-17 (Jesús), 27-17 (Christiphe), 28-17 (Ramón), 28-18 (Diego), 29-18 (Jesús), 29-19 (Rubio), 30-19 (Ramón), 30-20 (Sergio), 30-21 (Sergio), 31-21 (Iván), 31-22 (Macho), 31-23 (Rubio), 32-23 (Jesús), 33-23 (Alberto), 34-23 (Alberto), 35-23 (Jesús), 35-24 (Macho), 36-24 (Manu / de 7m).
7 metros: Calvo Xiria: : 4 / 3 # # # R.G.C. Covadonga: 5 / 2

No derradeiro partido como local correspondente á 25ª xornada de liga en Primeira División Estatal, o Calvo Xiria despediuse dos seus seareiros conseguindo a maior goleada da temporada. Os carballeses derrotaron no Pavillón Vila de Noia ao conxunto xixonés do Grupo Covadonga, pechacancelas da clasificación, por 36-24..

Os asturianos foron os encargados de poñer o balón en xogo forzando un lanzamento de sete metros que foi perfectamente abortado polo meta Kike. O porteiro visitante tamén consegue desbaratar o primeiro ataque dos locais, nun enfrontamento no que ambos os dous equipos comezaron desperdiciando varias oportunidades para inaugurar o taboleiro de marcas. O primeiro gol do partido, conseguido por Alberto, chega no minuto catro, pero o Grupo Covadonga por mediación de Carlos Macho axiña acadou o empate. Os ataques sucedíanse uns tras outros con inusitada rapidez e a pesar de que as defensas non se empregaban a fondo, os goleadores semellaban ter a pólvora mollada. No minuto dez cada equipo só tiña marcado tres goles. Pouco despois do medio acto, co encontro empatado a sete, o Calvo Xiria aumenta un chisco, tanto a intensidade das accións defensivas como a puntería dos lanzamentos, e pouco a pouco, con Pablo asumindo perfectamente a responsabilidade na finalización, pode abrir unha significativa brecha no luminoso. Un arriscado gol de picardía conseguido por Alberto Salgado no minuto vinte e tres co lanzamento dun golpe franco (12-9) foi o detonante que comezou a desanimar aos asturianos. A falta de pouco máis dun minuto para o descanso Sergio García, o xogador máis destacado dos grupistas, reduce a catro a vantaxe local (15-11); pero dúas rapidísimas accións, a última nunha contra do propio Salgado, permitiron ao Xiria retirarse aos vestiarios cun máis que tranquilizador 17-11.

Ben dirixido por un pletórico Manu, comezou moi entoado o Xiria o segundo período. Os carballeses anotaban con facilidade pero os do Covadonga mantiñan o tipo e as diferenzas. Pouco despois de superarse o minuto trinta e cinco os locais gañaban por 21-15. Seguiron uns momentos nos que os locais esqueceron a efectividade en ataque e os xixoneses conseguiron recortar as diferenzas nun gol máis (21-16). Catro paradas consecutivas do meta Iago, que ocupou a portería local neste segundo acto, valeron para que os verdinegros superasen a pequena focha sen pasaren por demasiados atrancos. Se a isto unimos o incansable traballo e as ganas que lle puxeron Manu, Jesús e Ramón, as augas axiña volveron ao seu leito e o Calvo Xiria consegue de novo aumentar distancias. Co público gozando do espectáculo crúzase o ecuador desta segunda parte cunha contra de Jesús que sobe o 29-18 ao taboleiro de marcas. Os asturianos, con encomiable deportividade, seguiron loitando e conseguen no minuto vinte e tres baixar a diferenza ata os oito goles (31-23). Porén, así e todo, a escuadra local axiña se decatou que non estaba para facer demasiadas concesións, e cun parcial de 4/0 estableceu a máxima distancia entre algarismos que se asinou a falta de pouco máis de dous minutos para o final (35-23). Cun gol máis anotado por cadanseu equipo (36-24) chégase ao final deste atípico encontro, que como ben se pode deducir pola escaseza de exclusións, tivo a súa característica máis acentuada na frouxidade das defensas.

Despois do descanso pola Pascua, o derradeiro partido da competición para o Calvo Xiria vaise disputar dentro de dúas semanas. Os carballeses deben visitar a cancha do Gaeva 2000-Bueu At., equipo que acompañará ao Grupo Covadonga no seu descenso a categoría autonómica.