PROCASA XIRIA 30 – TIRSO DE MOLINA 33

Procasa Xiria: 30 (17+13): Martín, Joaquín (6), Iván, Luís García (3), Calvete (6), Damián (3), Mario, Jose A., Rubén (1), Ricardo (5), Chouciño (6).

Tirso de Molina: 33 (15+18): Nacho, Diego, Jose (1), Pablo (5), Rufino, Rafael (1), Adrián (1), Alejandro (4), Jaime (5), Carlos (7), Enrique (9).

Colexiados: Rafael Iglesias y Francisco Coejo.

O Procasa Xiria afrontaba esta fin de semana a 7ª xornada do Campionato recibindo ao Tirso de Molina, que chegaba como 5º clasificado, xusto por debaixo do Xiria que era 4º. Os locais non contaron nesta ocasión con Luís Iglesias, de viaxe, nin con ningún dos infantís, que xogaban tamén pola mañá en Oleiros.

O partido comezaba ben para os intereses do Xiria, o ataque funcionaba moi eficazmente con circulacións largas de balón que abrían ocos na defensa e permitían finalizacións cómodas dende os 6 metros. No ámbito defensivo os erros de concentración e pequenos despistes nos apoios mantiñan ao Tirso dentro do partido que, aínda así, foi prácticamente toda a primeira parte por debaixo no marcador.

A segunda metade xa comezou doutro xeito, os de Ferrol saíron claramente a polo partido e a base de carácter e orquestados polo seu lateral esquerdo, que foi literalmente imparable, fóronlle dando a volta ao marcador. En ataque os locais mantiveron, máis ou menos, a mesma liña que na primeira metade, cometeron algún erro de lanzamento claro e, por momentos, atascábanse en accións individuais que remataban en golpes francos e non facían máis que ralentizar o xogo. Pero onde estivo realmente o problema foi na defensa, o equipo deixouse ir, foi perdendo fol e non soubo reaccionar ante o acelerón que estaban a dar os ferroláns, as basculacións non eran suficientes, os apoios non eran intelixentes e os xogadores do Tirso acribillaban a Martín con lanzamientos dende 6 metros sen ningún tipo de oposición. Ao final, cando o Xiria quixo reaccionar, xa non quedaba tempo.

Partido que segue a mesma liña das últimas xornadas, cunha moi boa imaxe en ataque pero demasiado brandos e relaxados en defensa. Entre os destacados do encontro, Damián, foi o encargado de imprimirlle velocidade ao balón e distribuír o xogo, fartouse a dar pases de gol. Calvete, como xa nos ten acostumados, segue a ser o gran punto feble dos rivais, esta vez tamén axudou con algún bloqueo para facilitar a circulación de balón, quédalle mellorar no aspecto defensivo para seguir medrando. Chouciño estivo irrecoñecible na segunda metade, asumiu a responsabilidade en ataque e marcou 6 goles de gran factura. E Rubén, que foi o mellor en defensa, estivo máis que correcto no avanzado e mostrou un gran poderío físico.

Con este encontro remataba a primeira volta para o Procasa Xiria, agardamos que aproveite estas vacacións de Semana Santa para coller forzas e afrontar este último tramo da liga con moitas ganas.