Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

OAR CORUÑA: 28 – E.BM.XIRIA: 27

XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA OAR 28 (17+11): Iago, Rosende (4), Ignacio (4), Carlos (6), Angel (9), Souto (2), Casal (3) – Equipo inicial – Diego, Javi, Alex, Raul, Sergio, Mario.…

XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA

OAR 28 (17+11): Iago, Rosende (4), Ignacio (4), Carlos (6), Angel (9), Souto (2), Casal (3) – Equipo inicial – Diego, Javi, Alex, Raul, Sergio, Mario.

E.BM.Xiria 27 (14+13): Buño, Dani (5),Lolo (2),Enrique, Iván(7),Diego, Julián(4) – Equipo inicial – Óscar(6), Antonio, Cristian, Calvo, Gabriel(1), Pereira(2), Borja.

O equipo xuvenil de E.BM.Xiria, viaxaba a Coruña para xogar o seu derbi da tempada, neste caso contra o OAR. O obxetivo non era outro que sumar os dous puntos en xogo, feito que lles permitiría seguir ocupando a segunda praza da táboa clasificatoria.

Pero, a peor das caras do equipo xuvenil de EBM. Xiria foi a que saíu a relucir no encontro do domingo e as sensación que tiveron os bergantiñáns no 40×20 de San Francisco Javier non foron as mellores o longo dos sesenta minutos.

O encontro comenzaba cun ritmo moi baixo dos bergantiñáns, a defensa adiantada dos locais atragantabaselles e os erros non forzados comenzaban a aparecer para darlle alas aos de casa. Na retagarda, as cousas non funcionaban moito mellor e os verdibrancos non eran capaces de frear o xogo de 1×1 cheo de forza e intención por parte dos xogadores coruñeses. Non podía facer moito o porteiro carballés contra os lanzamentos dos oaristas, xa que estos cegaban sempre en situacións francas dende os seis metros. Bastante tiveron os de Carballo con aguantar este tempo nunhas diferencias cercanas e para nada insalvables, que daban esperanzas a melloría no segundo acto (17-14).

Na reanudación, o Xiria saíu con máis corazón, algo máis de intensidade, aínda que seguían moi estáticos no xogo, pero, aquel feito foi suficiente para que os xogadores de Carballo tardaran apenas dez minutos en adiantarse no electrónico (19-20). As alternativas sucedíanse a partires de este intre, pero os carballeses, conseguían chegar ao minuto 57 con vantaxe no marcador por un gol e posesión para firmar prácticamente a victoria. A mala selección de ataque e a posterior perda de balón, foi a culpable de que as tornas cambiaran en apenas minuto e medio e que agora o que tomaba a dianteira por un gol, fosen os locais. O conxunto de balonmán Xiria afrontaba este último minuto e medio con un xogador máis e posesión de balón, unha avantaxe que debía de aproveitar para, polo menos, sacar un punto da sús visita a Coruña, pero, unha vez máis, a mala selección de lanzamento e a precipitación, fixo imposible que os verdibrancos voltaran a Carballo con algo de proveito. Por el contrario, esta derrota fai que o conxunto carballés baixe un posto e se coloque na terceira praza da clasificación.

A semana que ven, os carballeses, terán unha nova saída e neste caso, visitarán a difícil cancha do Teucro de Pontevedra, na búsqueda de recuperar os dous puntos que se perderon na pasada fin de semana.