ESC MPAL DE CAMARIÑAS 28 – OAK ENGLISH CENTRE XIRIA 32
Escola Municipal de Camariñas (13+15) 28: Álvaro, Manuel (2), Lema (1), Felis, Barcia (7), Canoso (14), Diego (2), Sergio (2), Martínez, Ismael, José, Brais. Oak English Xiria (18+14) 32: Naya,…
Escola Municipal de Camariñas (13+15) 28: Álvaro, Manuel (2), Lema (1), Felis, Barcia (7), Canoso (14), Diego (2), Sergio (2), Martínez, Ismael, José, Brais.
Oak English Xiria (18+14) 32: Naya, Barreiro (2), Iago (8), Zas (9), Brais (9), Martín (2), Miguel (2), Bisbi, David, Antón (2), Jorge, Alberto, Ivan.
Colexiados: Abel Chapero e Rafael Iglesias. Moi discutidos na segunda metade.
A terceira xornada do campionato territorial de cadete masculino enfrontou o Oak English Centre Xiria contra a Escola Municipal de Camariñas no Pavillón Municipal de Camariñas. Os asistentes o partido puideron ver un encontro moi vibrante e que tivo varias facianas ben distintas o longo do mesmo.
O partido comezou moi ben para o Oak English que cun xogo equilibrado entre defensa e ataque foi capaz de dobregar o Camariñas na súa propia casa. Todo partiu dunha sólida defensa, un rápido contrataque e un xogo fluído en estático (de extremo a extremo buscando os espazos en 6m e os erros dos xogadores do Camariñas) que fixo que o equipo adestrado por Juan M. Rodríguez se fose o descanso cunha cómoda vantaxe de 5 goles e sen atisvo de ver unha reacción por parte do equipo local.
Pero todo isto trocou na segunda metade. Os colexiados cobraron protagonismo con accións dubidosas (faltas pitadas e non pitadas, exclusións) que conseguiron, por un lado, que o Camariñas fose recurtando distancias ata chegar a empatar a 23 goles; e polo outro, que o Oak se esquecese de xogar o balonmán da primeira metade e só pensase no árbitro (algo que non pode pasar nunca). Pero todo isto tornou cando o equipo carballés se meteu outra vez no partido. A través dunha boa defensa, sobre todo, e outra vez de decisións dubidosas dos colexiados, sacou do partido ao Camariñas que se enfrascou nunha guerra que tivo como consecuencias varias exclusións para xogadores e adestrador e dúas descalificacións, con tarxeta vermella directa, por propinar sendos golpes, a destempo, a xogadores do Xiria. Estes acontecementos fixeron que o Oak English rompese o partido e, pouco a pouco, fose collendo unha vantaxe que chegou ata os catro goles aos que o Camariñas xa non puido chegar.
Despois deste durísimo encontro, ao Oak vaille vir ben que a vindeira semana non se xoguen encontros de liga por mor da ponte da Constitución. E esperará o Tirso de Molina a fin de semana do 16 de decembro para intentar continuar con esta seira de bos resultados.