Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Previa da xornada

Calvo Xiria ante un partido para ser Campión de Liga

Derradeiro partido da liga de 1ª Estatal para o Calvo Xiria o que disputará en Vigo ante o Lavadores este sábado ás 19:00. Logo de vinte e nove xornadas nas…

Derradeiro partido da liga de 1ª Estatal para o Calvo Xiria o que disputará en Vigo ante o Lavadores este sábado ás 19:00. Logo de vinte e nove xornadas nas que acadou vinte e seis vitorias, o Calvo Xiria quere por colofón a unha tempada que pode ser histórica para o equipo carballés, e contará para esta ocasión tan especial co apoio dos seus seareiros que se desprazarán en masa ao Municipal de Lavadores para levar ao seus cara ao obxectivo de proclamarse Campión de Liga, por primeira vez na súa historia. Será, coma sempre, dende a defensa e contraataque o punto no que tentará cimentar as súas opcións de levarse o encontro.

O Laber Xiria afronta este Sábado a penúltima xornada da Copa Federación. O encontro disputarase no pavillón «A Bombonera» de Redondela as 12:30, contra a SAR, un rival sempre complicado, sobre todo cando exerce de local. Os de Xiria queren endereitar o rumbo nesta competición e deberán recuperar o nivel competitivo amosado na liga. Grupo Lemaco viaxa este Sábado a Vigo para enfrontarse ao Octavio «B» (11:00h – Pavillón As Travesas) na penúltima xornada da Fase de Grupos da Copa Federación. Os cadetes do Xiria loitarán por acadar unha vitoria que os clasifique matematicamente para xogar a final copeira. Os infantís do Marmolería José Rey Xiria viaxan até A Coruña para enfrontarse ao Oar no derbi provincial na 12º xornada da Cópa Deputación. Os carballeses están a xogar a un bo nivel, tanto en ataque como en defensa. O partido dispútase o sábado 7 ás 10:30 no pavillón San Francisco Javier. En categoría alevín, haberá balonmán 7; o sábado en Carballo, no pavillón Vila de Noia, o Lk Xiria enfróntase ao Liceo Branco ás 10:30, e acto seguido, ás 11:30 farao o Xiria Telepizza Carballo ao Oar Coruña. Mentres que o domingo, de novo o LK Xiria viaxa até Abegondo para enfrontarse ao E.M. Abegondo B ás 11:30 no pavillón San Marcos.

Máis sobre isto