Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Noticias do clubePrevia da xornada

Calvo Xiria DHP

Pon en marcha Escolas Balonmán Xiria a campaña “CALVO XIRIA DHP”, ca que tentará que que o equipo sénior masculino estea o máis arroupado en cada xornada para seguir na…

Pon en marcha Escolas Balonmán Xiria a campaña “CALVO XIRIA DHP”, ca que tentará que que o equipo sénior masculino estea o máis arroupado en cada xornada para seguir na loita polos postos que dan acceso a xogar polo ascenso á División de Honra Prata do balonmán nacional, un feito de moitísimo valor para un equipo composto por dezaseis xogadores carballeses e un lalinense. Entre outras iniciativas esta fin de semana no crucial partido que o enfronta ao Bm. Lalín todos os posuidores de carné de socio poden acudir con un seareiro que só pagará 1€ (en vez dos cinco habituais), tamén se sorteará unha cea para dúas persoas (cortesía de “Cervecería a Bombonera”) entre os que estean no Pavillón Vila de Noia antes do asubío inicial, e todos os que se están a achegar ao balonmán nesta parte final de tempada tamén teñen a opción de mercar as entradas para os seis partidos que quedan (na taquilla durante o encontro de mañá) por 10€. . NON FALTES!!!!

Xa no deportivo, este sábado ás 18:00, o Calvo Xiria terá un compromiso de alta dificultade, ante un rival con moita calidade, xa que o Bm. Lalín dispón de dous xogadores moi contrastados por posto. Estar ao máximo nivel de concentración será crucial para que os puntos se queden na casa. Todos os xogadores carballeses están a traballar dun xeito encomiable para ir superando o nivel do partido anterior, aprender de cada un dos erros que se producen na pista e deste xeito incrementar o repertorio de xogo tanto individual coma colectivo. O apoio dos seareiros será fundamental para ter un plus de intensidade necesaria en partidos coma este.

O Goldie Xiria recibe este sábado as 20:00 o Balonmán Cangas, equipo moi parello ao carballés, polo que se espera igualdade. Deberá aplicarse en defensa o Goldie, arriscando un pouco máis, para entorpecer os ataque do rival, e buscar a saída con velocidade ao contraataque, sendo máis ambicioso de cara a portería contraria. Volve ao equipo Lucía Vilariño, que ven a disputar a segunda volta da liga coma o fixera a tempada anterior.

A División de Honra trasládase a Vigo para xogar na mañá do domingo ante o Octavio no Pavillón das Travesas. O Laber Xiria ás 12:30 contará con todos os xogadores dispoñibles para tratar de levarse os puntos en xogo. Ás 11:00 será o Grupo Lemaco que xoga un importante encontro fronte o Academia Octavio. Os cadetes do Xiria tentarán manter o nivel defensivo que veñen amosando as últimas xornadas, xa que unha vitoria deixaría aos carballeses a un só punto da 3ª praza. E ás 10:00 o Garaysa Xiria xoga perante o derradeiro clasificado. Os carballeses non deberían ter problemas para levar os puntos en xogo. O obxectivo pasa por seguir a mellorar en defensa para poder correr contraataques nos que non se produzan perdas de balón.

ENTRADAS

Máis sobre isto