Calvo Xiria: nova vitoria dende a defensa
Sabedores os carballeses de que non ía ser sinxelo o partido desta xornada, pois tiñan diante un equipo que xoga de memoria e dun xeito moi eficaz e que para…

Sabedores os carballeses de que non ía ser sinxelo o partido desta xornada, pois tiñan diante un equipo que xoga de memoria e dun xeito moi eficaz e que para levarse os puntos e non ter dificultades no encontro, pensando na lista de baixas e xogadores tocados ca que o afrontaba, tiña que ser en base a portería e defensa, impedindo que o Luceros amosase a continuidade ofensiva que o caracteriza. Mais os primeiros quince minutos foron todo o contrario, os carballeses non estaban centrados e o mando, tanto en goles coma en xogo, era dos do Morrazo. Non foi até que mudaron a súa intensidade defensiva os locais que comezaron a mandar no partido, impoñendo a lóxica da clasificación, ante un equipo visitante que foi de máis a menos co paso do primeiro tempo, chegando ao descanso seis goles abaixo, e o máis importante ca sensación de que o Xiria era superior no día de hoxe. O segundo tempo fixo que esa sensación se plasmase na pista, e so a relaxación na finalización en certos momentos deu algo de vida aos cangueses, factor corrixido polos lanzadores locais conseguindo por de novo distancia no marcador para afrontar un final moi tranquilo.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia con preto de 300 seareiros nas bancadas. Colexiados: Andres Rosendo López e Sergio Rodríguez Estévez do colexio galego, sen complicacións. Castigaron con exclusión a Manuel Méndez (18´, 42´), Sergio Facal (22´), Carlos Vilanova (37´), Julián López (56´) por parte local, namentres polo Luceros foron sancionados Pablo Castro (15´), Daniel Gómez (22´), Eloy Molanes (38´). 7 metros: Calvo Xiria 4//4, Luceros 4//6. Marcador cada 5 minutos: 3-2, 4-5, 6-7, 8-7, 12-9, 16-10, descanso, 18-11, 19-13, 21-16, 25-16, 27-18, 30-22.
CALVO XIRIA 30 (16+14): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya [p], Carlos A. Lema (1), Javier Rodríguez, Brais Puñal (2), Manuel Méndez (3), Sergio Facal (4), Julián López, Uxío Batán, Ramón Suárez-Pumariega (3), Martín Alfeirán (4), Mario García de Seárez (1), Pablo Iglesias (4), Carlos Vilanova (7), Iván Calvo (1).
LUCEROS 22 (10+12): Mauro Pereira [p], Adrián Menduiña (6), Santiago Gallego, Daniel Gómez (2), Iván Soage (4), David Barreiro (2), Joel Fontela (2), David Veloso, Ángel Rodríguez (1), Eloy Molanes (1), José Camiña (4), Pablo Castro, Hugo Rodríguez.