O Garaysa Xiria vence a domicilio
Visita dos carballeses a Vigo, onde se enfrontaban ao Lavadores. O Garaysa saía ao partido mentalizado de conseguir os dous puntos e pronto empezaba a conseguir diferenzas no marcador. Pero…

Visita dos carballeses a Vigo, onde se enfrontaban ao Lavadores. O Garaysa saía ao partido mentalizado de conseguir os dous puntos e pronto empezaba a conseguir diferenzas no marcador. Pero o Lavadores non lle perdía a cara ao partido. A defensa visitante era demasiado débil e a pesar de que os locais non atopaban espazos suficientes, se eran capaces de lanzar cómodos. Ao descanso chegábase co marcador de 16 a 22.
Na continuación, os xogadores do Garaysa Xiria puñan un ritmo forte e sentenciaban o choque cunha diferenza de 11 goles a falta de 15 minutos e coa sensación do dominio de xogo. Ao final os dous equipos deixáronse levar e as defensas eran inexistentes, polo que o resultado foise a un avultado 29-42.
Na seguinte xornada o Garaysa Xiria enfróntase ao A.D. Carballal, en Carballo. O partido preséntase emocionante xa que se verán as caras os dous primeiros da clasificación xeral.
Incidencias: Partido disputado no pavillón de Lavadores en Vigo ante 150 seareiros.
Colexiados: Christian García Fernández e José María García Cortizo do colexio galego. Sen complicacións. Castigaron con exclusión a Cazapal Da Silva, Pérez Alonso y Alonso Diz, por parte local, namentres polo Garaysa Xiria foron sancionados Juan Pereira e Iker Martínez.
Marcador cada 5 minutos: 2-5, 4-7, 9-14, 11-19, 16-22, descanso, 19-27, 21-32, 23-36, 26-40, 29-42.
LAS CINCO JOTAS LAVADORES 29 ( 16 + 13 ): Cazapal Da Silva, Perez Alonso, Duran Lora, Rodríguez Ruíz, Fernández Martínez, Carrera Gómez, Alonso Diz, Cal Comesaña, Rodríguez Ferreira, Perez Morales, Morales García, Covelo Verde, Fernández Cachapeiro, Sabin Lomban.
GARAYSA XIRIA 42 ( 22 + 20 ): Julio Ferreiro [p], Diego Lema [p], Mario Rincón, Daniel Mallo, Alejandro Gómez, Mario Cancela, Juan Pereira, Diego Antelo, Iago Rincón, Adrián Mesejo, Iker Martínez, Franco Rial, Xurxo Díaz, Fernando Mallo.