Calvo Xiria paga a súa mala primeira parte en Chapela

O Calvo Xiria enfrontábase ao Bm Chapela a domicilio nunha nova xornada de 1ª Estatal. Un Calvo Xiria que ten que seguir mellorando en ataque posicional, e aproveitar máis o xogo en zonas exteriores, viu como na primeira parte os locais atopaban ocos na súa defensa 5:1; e aínda que tras o descanso realizaron un gran esforzo para tratar de remontar, finalmente os puntos quedarían en Chapela.

Unha primeira parte, onde o Chapela estableceu o seu 6:0 habitual, defendendo ao límite do regulamento preto dos 6 metros; o que soubo aproveitar ben o seu porteiro Ángel Noya para ser un dos protagonistas. É de estrañar que unha defensa como a do Chapela que ten unha media de 4 exclusións por encontro, foise sen carga neste partido.

O Calvo Xiria desesperábase en ataque e pagábao en defensa. Parcial de 5 a 1 inicial e tocaba aclarar ideas. Volveu con enerxía e recuperábase no minuto 20, co resultado de 9 a 7, pero os problemas en ataque, deixaban o carril libre para que Álex Sánchez correse o contraataque; chegando ao descanso 16 a 9, e o Calvo Xiria empezaría cun xogador menos, tras exclusión de Fran Rey.

Tocaba remangarse e para iso os xogadores do Calvo Xiria, posúen un carácter especial, á hora de competir. Gran esforzo, por parte de todo o equipo que aos poucos viu como recuperaba distancias, con Juanka levando o peso do ataque. O adestrador local paraba o encontro ante a arremetida do Xiria. Axustábase o marcador ata o 23 a 20. Tivo balón o Xiria para poñerse a dous goles; pero dúas perdas de balón devolvían unha vantaxe cómoda para o Chapela a falta de 5 minutos. Ao final; o 30 a 26 deixa un mal sabor de boca a un Xiria que progresa no seu xogo e deu un novo paso no seu camiño cara o éxito; e que nos devolverá novas tardes de alegrías.

Rodosa Bm Chapela 30 – Calvo Xiria 26

Rodosa Bm Chapela (16+14): Ángel Noya [p], Juan Bautista Tizón [p], José María Cid (3), Abel Carreira, Rubén Figueirido (10), Sergio Iglesias (1), Álex Sánchez (5), Adrián Lomba (2), Pablo Casal, Iago Iglesias (1), Xacob Novoa (6), Jacobo Rodríguez (1), Pablo Vidal, David Figueirido.

Calvo Xiria (9+17): Antonio Mato (p), Iago Gómez (p), Julián López (1), Brais Puñal, Fran Rey, Chimpo (9), Franco Rial, Cristian Canosa, Juanka Rodríguez (7), Manu Méndez (1), Álex Gómez, Jorge Bouzas (1), Adrián Losón (4) y Edu Cousillas (1).

Maracdor cada 5 minutos: 2-1, 5-3, 9-5, 9-7, 12-7, 16-9; (descanso); 19-12, 20-12, 20-15, 22-18, 27-21, 30-26

Árbitros: Adrián Rodríguez e Francisco Fernández

Incidencias: Partido correspondente á sexta xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no Pavillón Manuel González Soto ante uns 300 afeccionados.