Calvo Xiria segue invicto na Primeira Estatal
Partía como favorito o Calvo Xiria no partido da 6ª xornada da Primeira Estatal, mais para demostrar ese favoritismo tivo que traballar moi en serio. Ao final un 29 –…

Partía como favorito o Calvo Xiria no partido da 6ª xornada da Primeira Estatal, mais para demostrar ese favoritismo tivo que traballar moi en serio. Ao final un 29 – 22, que deixa invicto unha xornada máis ao Xiria, permitíndolle deste xeito seguir coma líder da categoría. Sabían os locais que os vigueses son un equipo que loita con todas as súas armas por levarse os puntos en xogo e que non darían nada por perdido até o asubío final. Aínda así non saíu o Calvo ca intensidade que requiría o encontro, feito do que tirou proveito o rival para mandar durante case vinte e cinco minutos do primeiro tempo. Unha defensa local errática e falta da necesaria concentración para competir permitiu unha e outra vez que os atacantes movesen con absoluta tranquilidade o balón atopando situación moi cómodas para finalizar. Conseguir goles non era problema para os carballeses, mais sen a fluidez no xogo que soen amosar. Pasar polos vestiarios mudou a faciana do Xiria, que con máis afán competitivo foi entrando no partido ao longo do segundo tempo, o que lle permitiu chegar aos minutos finais cunha vantaxe de sete goles.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia cunha excelente entrada, con preto de 500 seareiros. Colexiados: José Manuel García Olavarrieta e Fernando Iñán Arias do colexio cántabro, sen complicacións. Castigaron con exclusión a Carlos A. Lema (8´) e Ramón (8´), por parte local, namentres polo Granitos Ibéricos foron sancionados Rubén Crespo (23´), Ismael Lago (27´) e Pablo Correa (52´). 7 metros: Calvo Xiria 2//2 Granitos Ibéricos 3//4. Marcador cada 5 minutos: 2-2, 5-6, 8-8, 9-11, 13-12, 16-14, descanso, 20-17, 21-18, 24-18, 24-19, 27-19, 29-22.
CALVO XIRIA 29 (16+13): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya [p], Carlos A. Lema (2), Javier Rodríguez, Brais Puñal (6), Manuel Méndez (5), Pablo Iglesias (1), Sergio Facal (5), Julián López (1), Carlos Vilanova (5), Uxío Batán (4), Iván Calvo, Ramón Suárez-Pumariega, Martín Alfeirán, Mario García de Seárez.
GRANITOS IBÉRICOS 22 (14+8): Pedro Ramírez [p], José R. Ballesteros [p], Pablo García (2), Ismael Lago (7), Pablo Sánchez (5), Joaquín Rodríguez, Pablo Pérez (2), Roi Fernández, Daniel Román (3), Pablo Correa, Borja Romero, Abel Carreira (2), Rubén Crespo, Antonio R. Mariño, Diego Mouriño (1).