Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Previa da xornada

O líder Calvo Xiria tentará manterse invicto

Primeiro partido coma líder en solitario para o Calvo Xiria, que terá enfronte ao Carballal que, logo de perder ante o Novás, leva dúas vitorias consecutivas nunha interesante progresión que…

Primeiro partido coma líder en solitario para o Calvo Xiria, que terá enfronte ao Carballal que, logo de perder ante o Novás, leva dúas vitorias consecutivas nunha interesante progresión que fai que se sitúen na sétima posición. Coma sempre o encontro será no Vila de Noia ás 18:00, dirixido polos cántabros Fernando Iñán Arias e José Manuel García Olavarrieta. Non se pode confiar o Calvo Xiria de ningún rival se quere manter a posición de privilexio na que se atopa, e deberá de afrontar con moitísima seriedade este partido, evitando que os vigueses marquen o ritmo de xogo que mellor lles vai. Saír ca máxima intensidade defensiva e non permitir as contras do Granitos Ibéricos figuran coma parte fundamental do esquema carballés. Segue a contar o Xiria cas baixas de Jorge Bouzas e Gonzalo Pombo.

Fin de semana intenso para o Goldie Xiria, con dobre xornada que o enfrontará o sábado a mañá en Ourense ao Campus Auria e o luns contra o líder e favorito para o campionato Balonmán Porriño, as 12 no Vila de Noia en Carballo. Serán baixas para estes enfrontamentos, Patricia García, Adriana Gómez e Brenda Noya, e so poderá disputar o partido do luns Tamara Pombo.

División de Honra con triplo enfrontamento Xiria – Teucro. Será o domingo en Carballo pero non na pista habitual, xa que os encontros disputaranse no Pavillón Carballo Calero. Si se manteñen os horarios de 10:00 cadete, 11:30 infantil e 12:45 xuvenil. Abrirá esta apaixonante xornada os cadetes dun Grupo Lemaco Xiria inmerso na pelexa polas dúas primeiras prazas da categoría, e que debe de aproveitar cada partido para afianzar o seu xogo colectivo. Non debería deixar escapar os puntos ante un rival que comezou a liga de xeito irregular, pero que sempre se mostra moi perigoso. Na categoría infantil estará en xogo a segunda praza da división de honra infantil. O Garaysa Xiria espera aproveitar o apoio dos seus seareiros para tratar de levarse os puntos. Unha das claves deste equipo é a participación de todos os xogadores en cada partido; todos son importantes á hora de conseguir bos resultados. E Para rematar un dos mellores encontros da División De Honra en categoría xuvenil masculino. O Teucro e o Laber Xiria, primeiro e segundo respectivamente e ambos invictos, «loitarán» por levar os dous puntos en xogo co liderado da clasificación como obxectivo. O cadro bergantiñán terá que empregarse ao 100% para superar ao fenomenal conxunto da cidade do Lérez. Todos os xogadores do Laber Xiria están dispoñibles para este envite.
E o sábado en Culleredo, terceira xornada da liga infantil de 2ª autonómica para Marmolería José Rey Xiria. Persegue o equipo carballés amosar a mesma progresión que ten nos adestramentos na competición. O lugar: Pavillón de Tarrío ás 12:00.

Máis sobre isto