CLAUSURA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA: Excelente partido do Laber Xiria

O Laber Xiria, afrontaba a última xornada do sector «A de» o campionato de España con opcións de ocupar o primeiro posto da clasificación. Para iso, os carballeses debían de gañar ao Grupo Covadonga (campión de Asturias) de máis de sete goles de diferenza, despois de que o Indupime Basauri conseguise derrotar ás Semillas KWS Balopal no encontro precedente.

Os de Xiria entraron decididos no encontro, a tensión competitiva foise diluíndo conforme ao paso das xornadas e os xogadores de hoxe nada tiñan que ver con aqueles atenazados polos nervios da primeira xornada. As primeiras accións porían por diante aos foraneos, pero bastaron 10 minutos para que os de Carballo tomasen o mando do marcador e non o soltasen en toda a primeira parte. As defensas, intensas e contundentes, marcaban uns algarismos inusualmente baixos e a inspiración dos porteiros no día de hoxe secundaba e reforzaba este feito. Ao descanso, o electrónico reflectía un 8-6 que convidaba a seguir gozando deste espectáculo no segundo acto.

Non defraudaron o seguintes trinta minutos e os asturianos saían a recuperar o terreo perdido, sabían que lles ía o campionato niso e debían de aferrarse ao partido como fose. O Vila De Noia estaba a ser o escenario dunha loita deportiva de moitos quilates e as bancadas, repletas no día de hoxe, vivían con entusiasmo a cita balonmanística. Despois de moito remar contracorrente, o Grupo Covadonga conseguía igualar a contenda no minuto 50. Abríase un novo escenario, o partido e o torneo nacional estaba a chegar ao seu fin e os instantes que quedaban por disputar prometían unha alta dose de tensión. Cada técnico xogaba as súas bazas, o Laber Xiria xa non podía conseguir a diferenza que lle outorgase a primeira praza, pero ninguén desexaba que se lle escapase das mans o que se estaba xogando. Ao final, nun partido de poder a poder, de loita, de entrega, de nobreza e de bo balonmán por parte dos dous conxuntos, parecía que o 19-19 final estaba escrito nun guión como o colofón perfecto a dignificar o deporte do balonmán nesta gran cita nacional.

Na entrega de trofeos, do campionato, estiveron presentes o xetente de Corporación Laber, patrocinador do equipo xuvenil, Luciano Calvo, presidente de Escolas Balonmán Xiria, Evencio Ferrero, alcalde de Carballo e o concelleiro de deportes, Marcos Trigo.

Ao final, terceira praza conseguida polo Laber Xiria nun campionato de España onde se viu unha gran igualdade e un moi bo balonmán. Os carballeses, que competiron en igualdade todos os partidos, retomarán a competición autonómica de Copa Federación a semana que vén en Vigo contra o Seis Do Nadal.

Laber Xiria: 19 (8+11). Daniel Buño, Iván Campos (2), Lolo, Diego Gago (2), José Pereira (2), Iván Calvo (7), Damián Rodríguez (3)-Equipo Inicial-Antonio Mato, Gabriel Castiñeiras (2), Alex Figueroa, Enrique Pena, Borja González, Borja Rodríguez, Dani García (1), Diego Morandeira.

RGC. Covadonga: 19 (6+13). Carretero, Maojo (5), Revuelta (4), González (3), Testón (1), Méndez (2), Santos (1)-Equipo Inicial-Gil, Casquero, Pérez (1), Canal, Díaz, Rodríguez, Valdés (2), Arbesú, Cortina.

Parciais cada 5´: 1-2/3-2/3-3/4-3/7-5/8-6/Descanso/10-9/10-10/13-12/15-14/18-17/19-19.

Árbitros: Iñán Arias e García Olavarrieta. Excluiron con dous minutos a Santos por parte dos visitantes.

Incidencias: Última xornada do campionato de España xuvenil (Sector «A») celebrado no pavillón Vila de Noia de Carballo. Excelente entrada (500 persoas) e inmellorable ambiente nas bancadas con siareiros de ambos conxuntos.

Clasificación final:

Clasificación Campeonato de España

 

Fotos do encontro:

Xiria-Covadonga7

Xiria-Covadonga6

Xiria-Covadonga5

Xiria-Covadonga4

Xiria-Covadonga3

Xiria-Covadonga1

Xiria-Covadonga2

 

Os equipos cos trofeos:

Grupo Covadonga: 1º clasificado

Covadonga Sector

Indupime basauri: 2º clasificado

Basauri

Laber Xiria: 3º clasificado

Xiria sector

Semillas KWS Balopal: 4º clasificado

Balopal sector