CAMPIONATO DE ESPAÑA: O Laber Xiria cae nos últimos minutos.

No día de hoxe, iniciábase no pavillón Vila De Noia de Carballo o campionato de España xuvenil de balonmán. Os primeiros en entrar en faena, eran o Grupo Covadonga de Xixón (campións de Asturias) e o Semillas KWS Balopal de Palencia (subcampión de Castela-León). O encontro, dominado de principio a fin polos asturianos, daba os primeiros dos puntos a estes.

Acto seguido, ás 20:00h, saía a escena o equipo anfitrión, o Laber Xiria, que se mediría ao potente conxunto Indupime Basauri, terceiro clasificado en Euskadi. Tras un inicio titubeante (1-3), os de Xiria conseguían empatar o encontro no minuto 10 (4-4) e a partir de aí, a igualdade foi a nota predominante no electrónico. As defensas, intensas e contundentes, impúñanse aos ataques e os nervios, evidentes nos dous conxuntos, provocaban máis erros dos desexados. Agora, eran os carballeses os que tomaban a dianteira no marcador (minuto 15, 6-5 e minuto 20, 7-6), que unían os seus esforzos e apoiábanse no espectacular labor do cadete Antonio Mato  na portaría. Dez minutos de negación no posicional e un parcial de 0-3, daba vantaxe aos visitantes no tempo de descanso (7-9), aínda que con todo por decidir cara á continuación.

A segunda parte comezaba polos mesmos camiños, Antonio seguía pondo cerco á súa portaría (até 16 paradas ao longo do partido) e os dous conxuntos suaban sangue para superar as defensa rivais. O Laber Xiria pecaba do exceso de xogo na primeira liña, sen contar cos seus extremos e o pivote e isto axudaba moito o labor da defensa rojilla. Chegábase ao meridiano deste tempo con táboas no marcador e todo por decidir (minuto 45, 12-12) e foi aquí cando, tres erros consecutivos dos bergantiñáns, deron unha diferenza aos Bizcainos que ao cabo ía ser insalvable para os verdinegros (11-14). Nos últimos minutos, os de Carballo aumentaron a súa profundidade defensiva para tentar interceptar algún balón e provocar o erro do rival, pero as precipitacións no ataque, os tres penaltis faiados e o bo facer dos foraneos, deixaba ao Laber Xiria sen o obxectivo dos dous primeiros puntos do campionato.

Agora queda levantarse, descansar e aprender dos aspectos onde hoxe se cometeron erros, para mañán afrontar unha nova final co obxectivo de conseguir a vitoria e deste xeito, aínda poder aspirar a esa ansiada primeira praza neste sector nacional.

Laber Xiria: 17 (7+10). Dani Buño, Iván Campos (6), Gabriel Castiñeiras (1), Enrique Pena (2), José Pereira, Lolo (3), Iván Calvo (3)-Equipo Inicial-Diego Gago, Alex Figueroa, Antonio Mato, Andrés Barca (1), Damián Rodríguez, Borja González, Daniel García (1), Tito. Borja Rodríguez.

Indupime Basauri: 21 (9+12). Valero, Alex (9), Aitor (2), Mikel (4), Adrián (1), Iñigo (2)Iker (2)-Equipo Inicial-Aarón, Jon, Unai, Conejo, Landaluze, Chacón (1)Díez, Julen.

Resultados cada 5´: 1-3/4-4/5-5/7-6/7-6/7-9-Descanso-8-9/11-10/12-12/13-16/14-18/17-21-Final.

Árbitros: Fernando Iñán e José Manuel García. Excluiron con dous minutos a Iván Campos, Gabriel Castiñeiras, Iván Calvo (2) e Tito polos locais e a Alex (2), Mikel, Iker e Julen polos visitantes.

Incidencias: Primeira xornada do sector nacional «A» disputada no pavillón Vila De Noia de Carballo ante a presenza de 500 seareiros, dos cales, algún deles se desplazaron dende Bizcaia para presenciar ao seu equipo ante o Laber Xiria.

Fotos do encontro:

sector 2015 018

sector 2015 020

sector 2015 008

sector 2015 014

sector 2015 026

sector 2015 012