Xogouse outro derbi entre os equipos de Escolas Balonmán Xiria que acabou de novo ca vitoria do Laber Xiria, no que foi baixa Manuel García por temas persoais. O rival desta volta foi o Oak English Centre que non puido contar con Alberto Rodríguez que aínda está en proceso de recuperación da escordadura de nocello que sufriu hai tres semanas.
Saíron de inicio moito máis centrados e activos os xogadores do Laber, que recuperaron balóns de xeito constante nos dous primeiros cuartos, tendo moitas opcións de lanzamento ao tempo que impedían que os seus rivais puidese chegar a posicións perigosas co balón. Non foi até o terceiro cuarto cando entrou o Oak no partido, acadando un empate ben merecido. O cuarto, e derradeiro tempo foi tamén moi reñido e o poste impediu unha nova igualada caendo os puntos do lado dun Laber que rematou coma merecido vencedor.
Oak English Centre Xiria – Laber Xiria: 1 – 7 (2-5 / 2-9 / 4-4 / 3-4)
Oak English Centre Xiria: Pablo Veiga (1), Marcos Amarelle (1), Sergio Varela, Alex Tato (1), Nicolás García (1), Samuel Veiga (3), Álvaro García (1), Natalia Cancela (3).
Laber Xiria: Mateo Pallas (4), Lucas Amado, Manuel Pérez (8), Hugo García (3), Marco Rodríguez (2), Álvaro Vila (4), Aday Gómez (1).