Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Campionato Estatal Infantil Masculino

Partiu hoxe ás 09:00 a expedición de Escolas Balonmán Xiria para participar no sector B do Campionato de España Infantil Masculino que se celebra en Oviedo. O Pavillón de Vallobín será a…

Partiu hoxe ás 09:00 a expedición de Escolas Balonmán Xiria para participar no sector B do Campionato de España Infantil Masculino que se celebra en Oviedo.

O Pavillón de Vallobín será a sede na que o Garaysa loitará por unha praza na fase final. Non o terán fácil ante tres equipos que quedaron campións no seu grupo, o conxunto local do Base Oviedo Cronistar, o Bm Pereda e o Knet Calasancio. Na grada un nutrido grupo de seareiros carballeses farán que se sintan moi arropados.

Hoxé entrará en liza o conxunto carballés ás 18:00 enfrotándose ao campión cántabro, o Bm. Pereda, nun partido no que será fundamental que os xogadores verdinegros poidan controlar os nervos do partido inaugural para amosar o seu mellor nivel de xogo.

Moita sorte e a disfrutar!!!!