Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Xiria Telepizza Carballo acada o 3º posto na Fase Final Alevín de Bm7

O equipo alevín que conseguira a clasificación para xogar a Fase Final de Bm7 no Colexio Liceo (A Coruña) o pasado Martes acadou a 3ª praza nunha intensa mañá de…

O equipo alevín que conseguira a clasificación para xogar a Fase Final de Bm7 no Colexio Liceo (A Coruña) o pasado Martes acadou a 3ª praza nunha intensa mañá de gran balonmán.

Os alevíns do Xiria cedían na semifinal fronte o Abegondo «A» por 6-2. Acto seguido, na loita polo 3º e 4º posto, agardáballes o Abegondo «B», que non puido puntuar fronte aos de Carballo que cun encontro moi completo conseguían gañar os 4 tempos e facerse coa 3ª praza en xogo.

Semifinal:
E.M. Abegondo «A» 6 – Xiria Telepizza Carballo 2
1º (9-2), 2º (6-3), 3º (6-1) e 4º (4-5)

3º e 4º Posto:
Xiria Telepizza Carballo 8 – E.M. Abegondo «B» 0
1º (4-3), 2º (8-3), 3º (8-5) y 4 (6-5)

Xogaron polo Xiria Telepizza Carballo: Ángel, Borja, Marta, Elena, Samuel V., Mateo, Óscar, Julián, Pedro, Lara, Asel e Andrés.

Fotos da xornada:

IMG_5916 IMG_5918 IMG_5919 IMG_5921 IMG_5922 IMG_5924 IMG_5927