Campionato Provincial Minibalonmán

En Camariñas dispústase a terceira das citas de Escolas Balonmán Xiria esta fin de semana. Os equipos de minibalonmán alevíns e benxamíns do Lk Xiria, Xiria Telepizza Carballo, Oak English Centre Xiria e Laber Xiria representarán ao balonmán carballés nesta cita.

A partires das 10:00 no Pavillón do Areal e Anexo ao Areal, os xogadores máis novos  de Escolas Balonmán Xiria teñan unha apaixonante cita, na que cos pavillóns cheos de seareiros pecharán unha tempada na que xogadoras e xogadores evolucionaron moito no seu xogo tanto colectivo coma individual.