Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Goldie Xiria non perdoa vencendo en Ourense ao Balonmán Pabellón

Pabellón Ourense 25 Goldie Xiria 35 (16-19) As carballesas xogaron un partido completo durante os 60 minutos, atopáronse cómodas na pista e sacando a relucir por momentos, o mellor balonmán…

Pabellón Ourense 25 Goldie Xiria 35 (16-19)

As carballesas xogaron un partido completo durante os 60 minutos, atopáronse cómodas na pista e sacando a relucir por momentos, o mellor balonmán da tempada.

Non era unha saída fácil, pero xa dende o primeiro instante víanse as gañas nas xogadoras do Goldie, que foron tomándolle a medida ao rival, segundo transcorrían os minutos. A fluidez no xogo de ataque, con continuas combinacións, sumouse aos 20 minutos uns axustes defensivos, que pouco a pouco foron inclinando a balanza do lado do Xiria, 16 a 19 ao final da primeira metade.

Volveuse do vestiario coas miñas ganas e con máis ambición, sobre todo no ataque. O rival presentou unha defensa mixta sobre as primeiras liñas do Xiria, que lograron resolver aproveitando os espazos defensivos. No remate, diferenza de 10 goles para o Goldie Xiria que se consolida na cuarta posición da clasificación, en espera de recibir aos rivais directos

Pabellón Ourense 25 (16**):** Noa (porteira) Karmin, Elisa 5, Ana 6, Sofía 9, Antía, Tereza 1, Elena 4, Lucía, e Katukunami

Goldie Xiria 35 (19): Leticia Casal (porteira), Jessica Posse 3, Raquel Gómez 3, Zeltia Landeira 8, Juana Garrochena 11, Sheila Ferreiro 1, Laura Carracedo 2, Ainoa Míguez, Adriana Gómez 1, Marta Regueira 4 e Elena Segade 2.

Arbitraron: Manuel do Campo e Alfonso Canitrot, excluiron a Ana e Karmin polo Ourense e a Zeltia e Raquel polo Goldie Xiria.