Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Carballal 19 – Goldie Xiria 13

Crónica do Carballal-Goldie Xiria (19-13) Manuel Rey / 13 Outubro 2013 4ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina 12 Outubro 2013 no Pavillón do Loureiro – Vigo, 100 espectadores Arbitraron: Manuel…

Crónica do Carballal-Goldie Xiria (19-13)
Manuel Rey / 13 Outubro 2013
4ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina

12 Outubro 2013 no Pavillón do Loureiro – Vigo, 100 espectadores

Arbitraron: Manuel Currás e Sergio Vázquez, que permitiron a dureza das locais. Tan só optaron por excluir 2 minutos as locais Sara e Lucía, nun partido de moita dureza por parte das locais.

CARBALLAL 19 – GOLDIE XIRIA 13 (5-8)

CARBALLAL 19 (5) Alba (p), Olga 1, Castiñeira 2, Yolanda, Andrea, Marta 3, María, Sara 2, Clara (p), Lucía 1, Sandra 1, Paula 8 e Soliño 1

GOLDIE XIRIA 13 (8) Sara (p), María 1, Isa, Juana 2, Sandra, Adriana 4, Tamara 2, Jessica 1, Natalia, Brenda (p), Patricia, Marta 3, Raquel e Lucía

PARCIALES: /0-1//1-3//2-5//3-6//4-6//5-8//—–/7-9//9-11//11-12//13-13//14-13//19-13/

A punto estiveron as xogadoras do Goldie Xiria de dar a sorpresa e de imponerse ao Carballal no seu feudo, dominando o encontró durante 50 minutos e perdendo a intensidade dos derradeiros 10.

Saeu o Goldie moito máis entonado que o seu rival, cunha defensa 5:1 que freaba ao Carballal e con continuas combinacións no ataque. Mágoa da pouca efectividade de cara a portería, que facía que non se rompese o partido a favor das de Carballo que ben poderían haberse adiantado de 8 ou 10 goles nestes primeiros 30 minutos.

Pouco a pouco iba cambiando o encontro, cun Carballal moito máis duro nas suas accións defensivas que descentraban as rivais, ao Goldie costáballe cada vez máis anotar. En boa medida, pola aportación da porteira viguesa nesta segunda metade, e o Carballal iba crecéndose ata poñerse por arriba no marcador a falta de dez minutos, varios fallos consecutivos en claras ocasións de gol e a precipitación pasaron factura as carballesas.

A vindeira semana visitará Carballo o Balonmán Pabellón Ourense.